Este mapa do ceo ten todas as constelacións en tempo real... cos seus nomes en galego

O proxecto, no que participou un investigador da USC, permite comprobar de xeito actualizado a posición das estrelas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2020 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

Novo paso para a normalización lingüística no eido da divulgación científica. Dous investigadores veñen de publicar un proxecto que pon a lingua galega á altura doutros idiomas en materia astronómica. A iniciativa consiste nun mapa que dispón as constelacións estelares en tempo real empregando o galego tanto para os nomes dos conxuntos como para cuestións técnicas.

Constelacións celestes
Constelacións celestes | Fonte: nocturnesky.blogspot.com

O proxecto, desenvolto polo físico da USC Salva Bará e o divulgador Martin Pawley, válese do mapa animado da web Heavens Above para dispoñer unha visión completa do ceo en lingua galega. O proxecto, que pode ser consultado nesta ligazón, vén de recibir os parabéns de ducias de tuiteiros.

Os responsables do proxecto aproveitaron a ocasión para instar á Real Academia Galega a elaborar unha listaxe "definitiva" coas constelacións apreciables a simple vista

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta