Nace unha plataforma para pedir á TVG que volva emitir debuxos animados en galego

"Quero que a miña filla teña un recordo da infancia en lingua galega", explica o promotor.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2020 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

Gatocán, Doraemon o Gato Cósmico, a abella Maia ou o inolvidable Dragon Ball Z. Foron moitos os debuxos animados que pasaron polo Xabarín nos seus anos de gloria, e moitos os rapaces dunha xeración que medraron escoitando a heroes e villanos falar en galego. O xabarín foi unha oportunidade para a normalización lingüística que hoxe un tuiteiro anónimo se implica en recuperar para a CRTVG.

Xabarín club
Xabarín club | Fonte: CRTVG

"Quero que a miña filla teña un recordo da infancia en galego", destaca nun chío que resume o sentido xeral da conta, iniciada a comezos deste mes de setembro.

Porén, e máis alá do simple entretemento, o autor da iniciativa reflexiona sobre o papel do Xabarín á hora de transmitir ó galego ás novas xeracións.

Neste aspecto, critica que a programación actual da TVG non dea pé ó consumo de adolescentes e rapaces en galego.

Ante esta circunstancia, insta á CRTVG a reformular a súa grella de programas pensando nos máis pequenos... e na lingua.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 Pierre

Iso é, que volvan emitir as series machistas e heterocentristas de hai 20 anos.

1 Ailalelo

Hai que emitir as dagora, abrazafarolas, cpntra os galego xa non sabedes que facer ou dicir, penosos

4 Informando

Unha cousiña para os que non saiban. O xabarín segue a emitirse de luns a domingo na G2, eu poño ó meu sobriño a velo casa que estou con el na casa. Un saudiño 😊

1 Mariñeira

Claro, pero son os mesmos contidos de hai 25 anos. Entón a nos fainos gracia (e ata ilusión) volver a velos, pero os cativos procuran outras cousas mais de hoxe. E diso, en galego, pouco hai

2 Mon

Si que o poñen pero, os domingos á mañá x exemplo, están con traineras. O Xabarin remata moi cedo. Xa que o pasaron a TVG2, podía durar un poco máis de tempo.

3 Xico Sieiro

Non hai nada que facer. Primeiro, porque o PPdeG, se poidese, xa tería metido o castelán na TVG desde hai tempo, sobre todo para produción allea, porque para eles o galego é, máis que nada, un problema. Sei de primeira man que as súas previsións de caída de galegofalantes fagan inviable unha Tv pública só para o idioma minoritario. Así que foxen como do demo de calquera traza de crecimento ou conservación do galego. E segundo, porque os galegos acaban de darlle a razón ao PP nas eleccións, aupándoos a unha maioría absoluta abraiante e contundente. Nada que dicir. Nada que obxectar. A chorar a Cangas.

2 Rosma

A CRTVG é un medio de aculturación ó servizo do PP. Pasan de nós e dos nosos fillos e só están interesados en xacobeos, paparotadas de bandullo e reguetón/copla española. Téñoa no último botón do mando. Que a pechen xa!

1 MANOEL90

Xa saiu a política, que mala baba tes. Pois eu vexo a galega , non é a mellor de mundo pero a lo menos é a nosa e fala no noso idioma. No teu primeiro botón seguro que tes a sexta e no segundo telecinco.

1 Atlante

Creo que a FORTA era quen mercaba os contidos e dispóis cada tv autonómica adaptaba o debuxo animado á súa lingua orixinal. Pra min dous deles foron os máis importantes: A Bola do Dragón, e o fugaz Conan o neno do Futuro (ouro en pano). Os presupostos non darán pra moito, supoño que terán que escoller entre cine extranxeiro pra adultos ou boas series animadas (que non abondan)...pero que habelas hainas