"Dorado era proveedor cando Feijóo era o nº 2 do SERGAS"

O narco vendeu combustíbel a Sanidade "entre o 91 e o 96" cando Feijóo era secretario xeral, explican a GC fontes de CxG.

Por Walter Burns | Santiago | 31/03/2013 | Actualizada ás 20:24

Comparte esta noticia

Marcial Dorado foi proveedor de combustíbel para calefacción do Servizo Galego de Saúde (SERGAS, dependente da Consellería de Sanidade) "entre 1991 e 1996", segundo explican a GC fontes de Compromiso por Galicia. Este partido político galeguista lembra que as fotos do presidente da Xunta no iate do narcotraficante publicadas hoxe por El País son de 1995.

Feijóo con Dorado no iate deste último nos anos noventa
Feijóo con Dorado no iate deste último nos anos noventa | Fonte: El País

Alberto Nuñez Feijóo foi secretario xeral da Consellería de Sanidade dende 1991 e 1996. De ser certa a información do partido galeguista, o número dous do SERGAS ía de vacacións no iate dun detido na Operación Nécora ao mesmo tempo que as empresas do narcotraficante fornecían material á Administración que codirixía Feijóo.

Versión de Feijóo

O presidente da Xunta saíu ao paso das fotos alegando que só tuvo unha relación indirecta co contrabandista. "Todas las veces que coincidí con esta persona fue por coincidencia con un compañero de trabajo de mi juventud, y en un contexto de ocio, nunca en el ámbito de mis responsabilidades laborales", di un comunicado do PPdeG difundido as 00:44 horas do domingo.

O máximo líder conservador de Galicia insiste que este contacto co traficante de cocaína  é un "intento de amedrentarme" pero que ten "la conciencia muy tranquila". 

Nuñez Feijóo co narcotraficante e contrabandista Marcial Dorado
Nuñez Feijóo co narcotraficante e contrabandista Marcial Dorado | Fonte: El País

Cando a foto, todo o mundo sabía dos problemas de Dorado coa Xustiza

Feijóo tamén alega que "que en el momento de esas fotografías, esta persona no había sido condenado por ninguna de las causas por las que años después lo ha sido". Isto é unha verdade a medias.

Efectivamente, Dorado non tiña ningunha condena firme por narcotráfico daquela, pero dende hai lustros era público que estaba relacionado co mundo do contrabando, pois en 1998 a Policía desarticulou unha banda que traficaba con tabaco liderada por Dorado.   Como lle lembrou hoxe o PSdeG, xa a mediados dos 90 calquera persona minimamente informada en Galicia sabía que Dorado tiña problemas coa Xustiza.

Reacción da oposición

Outra forza, Alternativa Galega de Esquerdas, tamén tenta desmontar a excusa de Feijóo de que Dorado era 'trigo limpo' cando lle sacaron as fotos veraneando.  AGE destaca que o presidente "mantiña unha relación de amizade cunha persoa que tivera xa dúas detencións por contrabando de tabaco e outra dentro da operación Nécora, o que, cando menos, pon en dúbida a súa calidade ética". O BNG pediu xa a demisión do presidente da Xunta.

O Secretario Xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, ven de manifestar que o Presidente da Xunta debe dar “explicacións máis contundentes” . Neste sentido, o lider da organización galeguista apunta a “de ser certo que Dorado era provedor do SERGAS cando Feijóo era Secretario Xeral da Consellería de Sandidade e Servizos Sociais”, o Presidente da Xunta “debe dar moitas máis explicacións”. Compromiso aínda non explicou que empresas de Dorado vendían material ao SERGAS.

Feijóo dá a entender que presentará demandas en defensa da súa honra

Na súa inmediata resposta á información de El País, Feijóo amenaza entre liñas con denunciar a quen informe das súa relación co narco. 

"Actuaré en la defensa de mi honor contra aquellos que pretendan valerse de la publicación de estas fotografías para difamarme o poner en cuestión mi trayectoria personal y profesional y mi compromiso con los intereses generales y contra la ilegalidad", asegura.

A dobre vara de medir do PPdeG

O seu partido saíu hoxe a defendelo. A voceira do PPdeG Paula Prado sinala que PSOE, BNG e AGE fan oposición a Feijóo "recurrindo ao amarelismo político retrocedendo dúas décadas porque son incapaces de facelo con rigor e actualidade". A portavoz conservadora "destaca que a reacción dos diferentes partidos proba que pretenden conseguir a través do dano persoal o que non son capaces mediante a política".

Cómpre lembrar que o propio Feijóo pediu a demisión ou o cese inmediato de Anxo Quintana cando se publicaron fotos -tamén antiguas- do daquela vicepresidente da Xunta no iate do constructor Jacinto Rey, sobre o que non pesa nin pesaba condena ou imputación algunha.

Grazas á contribución dos seus lectores, GC publicará nos próximos días novos datos das relacións económicas de familiares de cargos do PPdeG con persoas presuntamente relacionadas co blanqueo do capitais.

Anxo Quintana e o empresario Jacinto Rey no iate do segundo
Anxo Quintana e o empresario Jacinto Rey no iate do segundo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

8 Dona Urraca no seu castelo

Persoas ben relacionadas co PP confirmaron que o tal Terito e Meixengo de Mondariz, (daquela dono de Augas de Mondariz e do Grande Hotel que ardeu (ou o queimaron para cobrar o seguro), foron quen financiaron a primeira e segunda campaña de Manuel Fraga á Xunta de Galicia.

7 Adrián

A sombra da dúbida marca xa a Feijóo. Por certo, a credibilidade é o principal activo político que tinha Feijóo até o de agora. Foi o que fixo que gañara as eleccións do 2012 en plena crise. E tamén sabemos a razón do nervosismo de Feijóo. Non pode presumir de xestión. Está xa suspendido pola cidanía a 100 días de goberno, segundo publicou Sondaxe este domingo. O único que tiña era a confianza do seu electorado...E a posibilidade de salvar a cara fuxindo para un postazo en Madrid...Fulcral problema. A Feijóo déronlhe na liña de flotación e a súa estratexia de defensa é frouxa, hoxe, en momentos en que a caste política está ho olho do furacán. http://cronicasindepes.blogspot.com...

6 Felix

A información de El País tamén menciona a Vicente Otero, alias Terito (ao que a policía tamén foi deter co gallo da Operación Nécora), como un dos contrabadistas que tiveron relacións ou mesmo foron afiliados do PP. Compre precisar que Terito foi algo máis cun simple afiliado, pois recibiu a medalla de ouro do PP da provincia de Pontevedra.

5 federico

De Cospedal e Aguirre no caben en sí de gozo.

4 Chego o seu fin.

Aqui non pasará nada, seguiras de presidente dos PPodres, pase ou que pase, porque?, porque os PPodres son disciplinado e votan a quen presenten, ademais os votantes dos PPodres non dan importancia a estas cousas, entre outras cousas, porque eles mesmos ten lixo. O que si é que quedas descartado para suceder a Rajoy. Como van a presentar os PPodres alguen que ten conexions co Norcatrofico, no extranseiro?. Frijolito, os teus dias de gloria chegan o seu fin. Ao mellor, quen mandou as fotos El Pais, é alguen dentro do mesmo Partido Podrido, para quitarte de herdeiro.