"Dorado era proveedor cando Feijóo era o nº 2 do SERGAS"

O narco vendeu combustíbel a Sanidade "entre o 91 e o 96" cando Feijóo era secretario xeral, explican a GC fontes de CxG.

Por Walter Burns | Santiago | 31/03/2013 | Actualizada ás 20:24

Comparte esta noticia

Marcial Dorado foi proveedor de combustíbel para calefacción do Servizo Galego de Saúde (SERGAS, dependente da Consellería de Sanidade) "entre 1991 e 1996", segundo explican a GC fontes de Compromiso por Galicia. Este partido político galeguista lembra que as fotos do presidente da Xunta no iate do narcotraficante publicadas hoxe por El País son de 1995.

Feijóo con Dorado no iate deste último nos anos noventa
Feijóo con Dorado no iate deste último nos anos noventa | Fonte: El País

Alberto Nuñez Feijóo foi secretario xeral da Consellería de Sanidade dende 1991 e 1996. De ser certa a información do partido galeguista, o número dous do SERGAS ía de vacacións no iate dun detido na Operación Nécora ao mesmo tempo que as empresas do narcotraficante fornecían material á Administración que codirixía Feijóo.

Versión de Feijóo

O presidente da Xunta saíu ao paso das fotos alegando que só tuvo unha relación indirecta co contrabandista. "Todas las veces que coincidí con esta persona fue por coincidencia con un compañero de trabajo de mi juventud, y en un contexto de ocio, nunca en el ámbito de mis responsabilidades laborales", di un comunicado do PPdeG difundido as 00:44 horas do domingo.

O máximo líder conservador de Galicia insiste que este contacto co traficante de cocaína  é un "intento de amedrentarme" pero que ten "la conciencia muy tranquila". 

Nuñez Feijóo co narcotraficante e contrabandista Marcial Dorado
Nuñez Feijóo co narcotraficante e contrabandista Marcial Dorado | Fonte: El País

Cando a foto, todo o mundo sabía dos problemas de Dorado coa Xustiza

Feijóo tamén alega que "que en el momento de esas fotografías, esta persona no había sido condenado por ninguna de las causas por las que años después lo ha sido". Isto é unha verdade a medias.

Efectivamente, Dorado non tiña ningunha condena firme por narcotráfico daquela, pero dende hai lustros era público que estaba relacionado co mundo do contrabando, pois en 1998 a Policía desarticulou unha banda que traficaba con tabaco liderada por Dorado.   Como lle lembrou hoxe o PSdeG, xa a mediados dos 90 calquera persona minimamente informada en Galicia sabía que Dorado tiña problemas coa Xustiza.

Reacción da oposición

Outra forza, Alternativa Galega de Esquerdas, tamén tenta desmontar a excusa de Feijóo de que Dorado era 'trigo limpo' cando lle sacaron as fotos veraneando.  AGE destaca que o presidente "mantiña unha relación de amizade cunha persoa que tivera xa dúas detencións por contrabando de tabaco e outra dentro da operación Nécora, o que, cando menos, pon en dúbida a súa calidade ética". O BNG pediu xa a demisión do presidente da Xunta.

O Secretario Xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, ven de manifestar que o Presidente da Xunta debe dar “explicacións máis contundentes” . Neste sentido, o lider da organización galeguista apunta a “de ser certo que Dorado era provedor do SERGAS cando Feijóo era Secretario Xeral da Consellería de Sandidade e Servizos Sociais”, o Presidente da Xunta “debe dar moitas máis explicacións”. Compromiso aínda non explicou que empresas de Dorado vendían material ao SERGAS.

Feijóo dá a entender que presentará demandas en defensa da súa honra

Na súa inmediata resposta á información de El País, Feijóo amenaza entre liñas con denunciar a quen informe das súa relación co narco. 

"Actuaré en la defensa de mi honor contra aquellos que pretendan valerse de la publicación de estas fotografías para difamarme o poner en cuestión mi trayectoria personal y profesional y mi compromiso con los intereses generales y contra la ilegalidad", asegura.

A dobre vara de medir do PPdeG

O seu partido saíu hoxe a defendelo. A voceira do PPdeG Paula Prado sinala que PSOE, BNG e AGE fan oposición a Feijóo "recurrindo ao amarelismo político retrocedendo dúas décadas porque son incapaces de facelo con rigor e actualidade". A portavoz conservadora "destaca que a reacción dos diferentes partidos proba que pretenden conseguir a través do dano persoal o que non son capaces mediante a política".

Cómpre lembrar que o propio Feijóo pediu a demisión ou o cese inmediato de Anxo Quintana cando se publicaron fotos -tamén antiguas- do daquela vicepresidente da Xunta no iate do constructor Jacinto Rey, sobre o que non pesa nin pesaba condena ou imputación algunha.

Grazas á contribución dos seus lectores, GC publicará nos próximos días novos datos das relacións económicas de familiares de cargos do PPdeG con persoas presuntamente relacionadas co blanqueo do capitais.

Anxo Quintana e o empresario Jacinto Rey no iate do segundo
Anxo Quintana e o empresario Jacinto Rey no iate do segundo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

3 Mastro

Deus me libre de pensar que unha unidade de élite, ou da "élite" da Polic. Nacional o investigara como investigou a Mas ou a Blanco. Deus nos libre de pensar que fixeran un informe pantasma e llo pasaran a un medio pseudogolpista para que publicara durante unha campaña eleitoral e seguiran investigando pola sua conta sin dar conta de quen o fixo... en fin.

2 Mastro

Al fin y al cabo, Alberto y un amiguito dándose un... viaje. Que conmovedor. Aí parece que non hai nada, como di un antes ca min, non hai "sillas" nin está, como era? "Ánxel". Aquello era terrible, esto es simplemente humano. Se corronpió; vaia por Dios, que peniña, non?

1 Manoliño

¿E non van sacar algunha foto de Mariano facendo unha chupadiña? A ver se nos deixamos de mariconismos de hai 20 anos. Se a Xustiza considerou irrelevantes as imaxes, é que non existen indicios racionais de que Feijoo --que salvo que se demostre o contrario me parece un tío legal-- se corrompeu. O demais é querer botar a Feijoo pola porta de atrás. Como non se lle gaña nas eleccións, se emprega aquela táctica estalinista de denigrar até aniquilar.

1 vaia basca

legal coma ti

2 guaka-maio

Manoliño, ja sabemos que os que votades polo PP ides seguir votando por eles fagan o que fagan. Deixate de lerias, anda

3 Un de Teo

Sinceramente: paréceme tan irrelevante a foto de Feixoo como a de Quintana. Agora ben, quen sementa recolle: Feixoo gañou as eleccións (coa adhesión inquebrantable de La Voz) utilizando malevolamente patrañas como a foto de Quintana, as obras en San Caetano ou os coches de Touriño que ao final resultaron ser de Fraga. As fotos, repito, parécenme irrelevantes, pero agpra Feixoo bebe da súa menciña, como lle pasou ao concelleiro Espadas, azote do botellón compostelano e pillado pola policía bébedo e durmido nun semáforo. A política é moi porca, si, pero débeo ser para todos por igual.

4 artur o´legal

Hai canta Farlopa se vos vé no lombo. na orimeira fotogorafia, a Feixxo e a tí Manoliño Douradiño...ou é un resto da expediciíón uretral de mari ano en plena éxtase???

5 Manoliño

Tes parte de razón, pero penso que non é o mesmo a foto de Ánxel Quintana que a de Feijoo. Non se sabe que Dorado lle abrira un xornaliño a Feijoo mentres gobernaba, nin que Feijoo beneficiara ao Dorado dalgún outro xeito. A partires de aquí, podo facer o bucle á nova, pero é irrelevante. A Quintana si que lle abriron un xornaliño, que ao caer o repartito foi polo río abaixo. Pasouse aos socialistas, e nin con esas nin coas subvencións que cobraba, foron que de manter aquel artificio xornalístico. Esto sen considerar aquel concurso eólico de feita a lei feita a trampa, que contaba cunha enxeñería xurídica tal, que nin o TSXG foi quen de declaralo ilegal.

6 Manoliño

Para o de Teo: tes parte de razón, pero a foto de Ánxel Quintana non é igual á de Feijoo. De Quintana se soubo que Jacinto lle abrira un xornaliño, que unha vez que cesou o repartito, foi polo río abaixo pola súa artificiosidade. Tampouco se sabe que Dorado obtivese un contrato público "amañado", como aquel concurso eólico de feita e lei feita a trampa, que contaba cunha enxñería xurídica tan elaborada, que nin o TSXG foi quen de tumbar malia que todo o mundo sabía que era unha trapallada na que o Jacinto saiu beneficiado.

7 xaab

Aiii Manoliño, Manoliño. Que dura é a vida do asesor que ata tes que traballar en domingo para defender o indefendible. Animo, home... xa veras como veñen tempos mellores (de 8 a 3 e de luns a venres, en San Caetano, claro)

8 Manoliño

xaab, bonitiño, vouvos seguir facendo bucle que vos vexo case que en trance, pero collede cleanex e despois limpade os pelos do teclado que pode quedar aquelo feito unha corte ¿E ti das fotos esas de Mariano facendo unha porkería, qué me contas? Xa sabes aquela peli de Almodóvar (creo) na que dúas marujas falaban e lle dicía unha á outra: ¡y no me pidió que le hicierse una porquería, el muy asqueroso! Eso vas a una mujer de la calle y le pides que te lo haga, que yo soy la madre de tus hijos, etc. Pois eso, que faltan as fotos de Mariano, que por estas aínda non é desta hora que caia Feijoo. Ao mellor se sae Yolanda dicindo que son unhas fotos fascistas ou nazi-fascista, ao mellor cae, pero aínda non o dixo.

9 Padriño

Que Feijoo ande cun coñecido narcotraficante que xa fora detido no ano 1990 por contrabando non é nada malo. Chámase o estilo siciliano de facer política, nada máis.

10 Xurxo Lastres

Pobriño Feijóo... El non sabía nada...

11 xaab

Aiii Manoliño, Manoliño. Teslle que decir o Xefe do Gabinete que che pague as horas extras... eres mooooiiii aplicado!!!

12 Manoliño

Parece que Feijoo deixou de relacionarse con Dorado en canto o condenaron. Antes non fora nin enxuizado. Pero se é todo moito mais sinxelo... ¿Parece ou non parece Feijoo un tío legal (algo apijado :) pero legal)? A min parécemo. Demostrade que non é legal, que hai 30 anos marchou sen pagar dunha gasolinera, que roubou uns gallumbos hai 30 na Corte, ou que sendo presidente da Xunta se corrompeu. O demais son lerias.

13 Vyvyan

Manoliño ten razón, as fotos non teñen nada que ver. As fotos de Feijooo son cun narco mentres que as de Quin eran con algo moito peor, un empresario. E Feijooo non lle puxo ningún xornal a ninguén, como moito regálalle uns millonciños de euros a La Voz para que siga informando con obxectividade.