Temas: ANOVA

Anova constitúe grupos para a "reconstrución" do partido tras o "fracaso sen paliativos" das autonómicas

Os soberanistas din que a presenza dos seus exsocios Unidas Podemos no Goberno "non chega para conseguir os cambios suficientes" para Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2020 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Anova celebrou este sábado unha reunión da súa coordinadora nacional na que acordou a constitución de grupos de traballo para avanzar no obxectivo de "reconstruír" o partido tras o "fracaso sen paliativos" das eleccións autonómicas, ás que concorreron baixo a coalición Galicia En Común, que non obtivo representación parlamentaria.

Beiras, Noriega e Antón Sánchez.
Beiras, Noriega e Antón Sánchez.

Ao termo do encontro, no que participou o histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras, a organización emitiu un comunicado no que sinala que "a ausencia de representación no Parlamento dificulta" o seu "camiño" pero "en nada cambia o escenario", que pasa pola "reconstrución" da "unidade dos sectores máis afectados" pola crise económica e "a reconstrución orgánica cos continxentes municipalistas" e os "sectores sociais orfos de alternativa política".

No texto, Anova di que as institucións "por si soas non serán capaces de dar resposta ás necesidades" dos sectores da poboación máis necesitados e manifesta que un Parlamento galego "que volve á foto de antes de 2012 con chamamentos a un suposto diálogo" e a presenza dos seus exsocios de Unidas Podemos "á esquerda do PSOE" no Goberno central "non chega para conseguir os cambios suficientes".

"Temos que conseguir a forza orgánica necesaria para participar nesas frontes e, ao mesmo tempo, realizar en paralelo o traballo de diálogo político para participar activamente na resposta social e nas alternativas a esta crise", di Anova, que sinala que o seu camiño de "reconstrución" realizarase "desde abaixo, progresivamente e cunha reflexión que acompañe a dinámica de acción política".

Temas: ANOVA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

4 Bernal Calvo Decomisiones

Grupos de que, se non deben de chegar nin a vinte persoas xa. Que fagan outro congreso como aquel que remataran a puñetazos e nin así se poñerian de acordo. Congreso de disolución ou integración nos restos de IU-Podemos en Galiza, non hai outro remedio.

3 Sentidiño

Soberaqué? Soberanistas? Quen romperon o soberanismo para xogar ao corro cos círculos de podemos? Os que se deixaron avasalar polo pcg de Yolanda Díaz? Que falen co partido humanista, ou cos de Sain, porque para todos os demáis non son xente na que confiar...

2 Captain Obvious

O meu pronostico é que haberá unha corrente maioritaria é un sector crítico e non chegarán a un acordo.

1 achungala

Disolvédevos, momias, máis que MOMIAS!

1 Chungi

A túa ignorancia fainos máis grandes. Momia: Cadáver que se conserva sen corromperse. Sen corromperse. Repasa a lección que che deron, non te limites a repetila. Beixos.

2 achungala

Pois tes razón, meu. Son, como diría o reviello Vieiras, "restos en descomposición" (sic)