Formato online para a 'II Escola Sexolóxica de Verán' de Allariz

Tendo en conta a situación derivada da COVID-19, e o momento de contaxios que hai na provincia de Ourense, a Concellería de Benestar Social decidiu adaptar a programación deste evento evitando concentracións de xente.

Por X.M. Fernández | Allariz | 16/09/2020 | Actualizada ás 09:20

Comparte esta noticia
A "II Escola Sexolóxica de Verán" desenvolverase os días 19 e 20 de setembro seguindo o formato on line e coa intención de seguir ofrecendo un programa que non perda calidade e siga sendo atractivo.

Concello de Allariz
Concello de Allariz | Fonte: GC

Estímase que terá unha duración de 12 horas, as cales se distribuirán do seguinte xeito:

Sesión 1: Introdución teórica á sexoloxía, á biografía e as dificultades (comúns e engadidas).

Sesión 2: Aplicación práctica. Ferramentas.  

Sesión 3: As actitudes en relación á sexualidade. Ferramentas.

A maiores, o alumnado terá un traballo de lecturas que complementará á formación das sesións anteriores.

Para o seguimento das xornadas habilitarase unha plataforma para traballar os contidos nas distintas sesións, que será comunicada ás persoas que finalmente participen nesta formación tras matricularse a través do correo electrónico fogardosmaiores@allariz.gal

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA

O venres día 18 de setembro estará na Casa da Cultura, dentro da programación da II Escola Sexolóxica de Verán en Allariz, a obra de teatro #Monstruación.

Entrada de balde ata completar aforo, con reserva no teléfono 988 554 059.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta