Tendas de 'souvenir': a complicada loita por salvar un negocio en tempos de pandemia

Os comercios da zona vella de Santiago están a sufrir unha recesión por mor da Covid-19, Carlos Rodríguez relata a situación pola que están pasando e os seus plans de futuro.

Por Sara Gil | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Todos estamos a sufrir as consecuencias económicas e sociais por mor da Covid-19, que chegou a principios de este ano 2020 e tristemente, quedará con nós un tempo máis. O sector dedicado ao turismo viu como as súas ganancias estánse a truncar a medida que pasa o verán e tamén o ano.

Escaparate de souvenirs na rúa de Franco.
Escaparate de souvenirs na rúa de Franco. | Fonte: Sara Gil

Santiago é unha cidade a que cada ano achéganse millóns de turistas e peregrinos a visitar a cidade e, por isto, ten unha gran oferta turística onde os visitantes poden mercar agasallos para os seus amigos e familia e tamén para eles mesmos.

TOCA PERDER

As tendas de souvenirs están sufrindo unha mala pasada. "Este ano non temos ganancias, temos perdas", indica Carlos Rodríguez, rexedor de "A Cesta" e outras tendas da rúa do Franco, en Santiago. "O turismo foi escaso, pero estivo ben. Foi todo ben ata que Santiago retrocedeu de fase, nese momento notouse que baixaron as vendas", explica Rodríguez. 

"Este ano toca perder e imos perder todos, donos e empregados. Hai empregados que levan con nós 20 anos e teñen unha familia á que alimentar, temos que intentar seguir a flote, por eles e por nós", indica o dono da tenda "A Cesta". 

Carlos Rodríguez, dono de 'A Cesta' e outros comercios do Franco.
Carlos Rodríguez, dono de 'A Cesta' e outros comercios do Franco. | Fonte: Sara Gil

Carlos cóntanos que a única proxección de futuro que teñen é "ser optimistas", "pensar que o 2021 é o Xacobeo, un ano fantástico para traballar". O seu desexo: encontrar unha vacina que acabe canto antes con isto. Porén, se hai que seguir coa "nova normalidade", Carlos opta por unha "normalidade distinta", onde haxa que seguir tomandos as medidas de seguridade, "apostando polo que temos, que é o motor da cidade e o motor das nosas vidas". "Hai que ser optimistas, pensar que isto vai a cambiar e aguantar o máximo que podamos", conclúe.

TEMPO DE ESTANCIA

"A xente cando ven a Santiago, sendo a maioría peregrinos, só ve unha décima parte do que é realmente Santiago. Temos que fomentar o resto de cousas que temos", indica o empregado. Ademais, fai fincapé no feito de que "temos un montón de cousas que temos que potenciar, o turismo cultural e gastronómico, e temos que mellorar; sabemos que temos as ferramentas para facelo, pero non lle damos ao turista a información suficiente".

"O que temos que fomentar é que a xente pase en Santiago como mínimo dous ou tres días. Non que veñan un día, que vexan a Catedral e digan “xa vin Santiago", conclúe.

CRISE ECONÓMICA

Todas as tendas de souvenirs de Compostela son pequenos negocios, que non teñen grandes beneficios e dependen firmemente do turismo na cidade. Segundo indica Carlos Rodríguez, "este ano toca perder, xa haberá anos para gañar e intentar manter sobre todo os postos de traballo do persoal que temos". "Somos pemes, empresas pequenas, somos como unha familia e se cae un, caen todos", engade. 

Tenda de souvenirs en Santiago de Compostela.
Tenda de souvenirs en Santiago de Compostela. | Fonte: Sara Gil
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Carme Lesta

Os osos do apóstolo xa non dan caldo pero a Xunta do narcopresidente segue a xogalo todo ó seu querido Xacobeo, Xacobeo, Xacobeo. Hoxe fun mercar o xornal e regaláronme un caramelo xunteiro (pagado por todos os que leedes isto). Ata os fuciños do Xacomamoneo!