O comité das fábricas do Xallas convoca mobilizacións a partir do luns en contra do ERTE

Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/09/2020 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

O comité das fábricas de Cee e Dumbría convocou un calendario de mobilizacións en contra da decisión dos novos donos (TPG-Ithaka, que compraron as plantas ao grupo de Villar Mir) de aplicar un expediente de regulación de emprego temporal (ERTE) a partir do 24 de setembro.

Persoal de Ferroatlántica de Cee e Dumbría concéntrase para esixir a reactivación dos fornos
Persoal de Ferroatlántica de Cee e Dumbría concéntrase para esixir a reactivación dos fornos | Fonte: CIG

En concreto, para o luns 21 convoca unha concentración ante a fábrica de Brens, en Cee, ás 14,15 horas; o mércores 23 ante o Concello de Cee, ás 19,00 horas; e o xoves 24 nas centrais hidroeléctricas, tamén ás 19,00 horas.

O comité solicitou reunións coas consellerías de Economía e Emprego para abordar "a crítica situación das fábricas e esixir unha intervención inmediata da Xunta".

Para o comité, a dirección de Xeal (nova denominación da compañía) está "a aproveitar a situación de emerxencia sanitaria e un ERTE que foi negociado hai máis de ano e medio con outra empresa e outra representación legal para manter o peche dos fornos e recortar aínda máis a produción, comprometendo a viabilidade das fábricas e dos postos de traballo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta