O alcalde de Vilagarcía volverá facerse unha PCR para descartar un falso positivo

Os traballadores do concello que deron positivo e os que están en contacto con eles realizaran todos probas PCR.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2020 | Actualizada ás 21:06

Comparte esta noticia

O alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela (PSOE), informou de que volverá facerse unha PCR porque, segundo informa, realizouse outra proba deste tipo que "suxire un falso positivo nas probas serolóxicas" que se realizou dous días antes.

Con todo, "por precaución", indica que permanecerá 48 horas confinado e sen axenda á espera de realizar un novo test de PCR que confirme definitivamente que non ten covid.

Alberto Varela, que se atopa perfectamente de saúde e sen ningún tipo de síntoma de enfermidade, foi unha das persoas que conforman o persoal de traballadores municipal que deu positivo nas probas serolóxicas que empezaron a realizarse esta semana.

Seguindo o mesmo protocolo, tanto os traballadores que deron positivo nas probas serolóxicas como aqueles que estiveron en contacto con eles, están a realizar test PCR para confirmar ou rexeitar os contagios de covid.

Mentres tanto, e polo mesmo principio de prudencia, os servizos municipais estarán pechados á atención ao público. En principio, o peche das dependencias municipais manterase ata o luns, pero en función dos resultados das PCR está decisión podería manterse ou axustarse.

O Concello traslada que "todos os grupos da oposición están informados desde o primeiro momento da situación" e todos os seus membros realizarán as probas de control.

Aalcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela. CEDIDA - Arquivo
Aalcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela. CEDIDA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta