Catro novos falecementos elevan a 720 as vítimas da COVID-19 en Galicia

Desde o comezo da 'nova normalidade', o número de persoas mortas son case un cento.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/09/2020 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou a morte nas últimas horas doutras dúas persoas con COVID-19 --unha en seguimento domiciliario e outra ingresada en Santiago-- co que o total de falecidos en Galicia por mor da pandemia sitúase nos 720.

Un profesional sanitario baixa da ambulancia na que viaxa un paciente con Covid-19
Un profesional sanitario baixa da ambulancia na que viaxa un paciente con Covid-19 | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

En concreto, Sanidade notificou o falecemento dun home de 88 anos que se atopaba en atención domiciliaria na área sanitaria da Coruña, así como doutro home, tamén de 88 anos, ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Ambos tiñan patoloxías previas.

Con iso, son catro as vítimas mortais con COVID-19 notificadas este luns por Sanidade, a mesma cifra que o domingo. No parte da mañá figuraba o falecemento dunha muller de 87 anos ingresada no Hospital de Ourense e o dun usuario da residencia Orpea Coruña.

Desde o comezo da 'nova normalidade', o número de pacientes falecidos coa enfermidade en Galicia é de 99. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto.

Antes diso, Galicia encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus. Este mércores, Galicia superaba os 700 falecidos.

O maior balance de mortos dos últimos meses notificouse o pasado mércores, cando Sanidade informou dun total de sete. A última vez que se superou esta cifra foi o pasado 5 de maio, con nove decesos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta