Morre o segundo piloto do avión que se estrelou en agosto no Xurés

Fora intervido cirúrxicamente en Salamanca.

Por Galicia Confidencial | Salamanca | 21/09/2020 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

O piloto de 38 anos natural de Babilafuente (Salamanca) que o pasado mes de agosto sufriu un accidente cando participaba nos labores de extinción do incendio de Manín, en Lobios, faleceu este luns. Segundo informa La Gaceta de Salamanca, e recolle o DdT, o mozo foi atopado morto no domicilio paterno. 

Hidroavión accidentado nun incendio en Lobios
Hidroavión accidentado nun incendio en Lobios | Fonte: Twitter

No accidente do hidroavión falecera, poucos minutos despois do sinistro, o comandante portugués Jorge Jardim, de 65 anos. O seu compañeiro resultou ferido de gravidade e foi trasladado, primeiro a un hospital en Viana do Castelo, e posteriormente á Virgen de la Vega de Salamanca, onde foi intervido cirurxicamente

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta