Por E.P. | A Coruña | 21/09/2020 | Actualizada ás 19:30
Traballadores de Alu Ibérica na Coruña secundarán este xoves unha nova protesta ante a factoría, no marco de mobilizacións que están a levar a cabo para esixir unha saída industrial. Segundo informa o comité de empresa, a mobilización terá lugar ás 13,45 horas "en protesta polos incumprimentos do acordo de venda da fábrica".
Na última mobilización, celebrada a semana pasada ante a fábrica, o presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho, reclamou de novo a intervención da empresa.
"A administración ten probas suficientes de ilegalidades e incumprimentos", expuxo Corbacho, quen reclamou unha auditoría sobre a venda por parte de Alcoa a Parter e, posteriormente, deste fondo ao Grupo Riesgo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.