O alcalde de Vilagarcía reclama información "diaria e actualizada" de casos por COVID nos concellos

Súmase á demanda xa manifestada por outros alcaldes galegos de que a Xunta ofreza información periódica e actualizada aos rexedores acerca de como está a situación en cada concello.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 23/09/2020 | Actualizada ás 21:13

Comparte esta noticia

Vilagarcía de Arousa súmase desde a medianoite do xoves á lista de concellos galegos suxeitos a restricións co obxectivo de frear o incremento de contagios de covid-19. Segundo informou o Sergas ao alcalde da localidade, Alberto Varela, a inclusión desta localidade débese ao notable aumento de contagios detectados nos últimos días.

No entanto, Alberto Varela confésase sorprendido ante esta revelación e ante as restricións tomadas por parte das autoridades sanitarias de Galicia. "Claro que me sorprendeu, porque ata a data non tivemos ningunha advertencia de que a situación estivese a empeorar en Vilagarcía ata o punto de que houbese que tomar restricións", sinala.

O   alcalde de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), Alberto Varela. CEDIDA - Arquivo
O alcalde de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), Alberto Varela. CEDIDA - Arquivo


O rexedor vilagarcián e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) engade que "se un alcalde sabe que os casos no seu concello van crecendo, pódese facer unha composición de lugar de que se pode chegar a esta situación, e mesmo axudar". Por exemplo tomando determinadas medidas como o peche de parques infantís ou a restrición do aforamento de actividades ou mesmo a súa cancelación. "Pero se non tes esa información, é imposible tomar racionalmente ese tipo de decisións", apunta.

Por iso, súmase á demanda xa manifestada por outros alcaldes galegos de que a Xunta ofreza información periódica e actualizada aos rexedores acerca de como está a situación en cada concello.

Por poder axudar, basicamente", indica. "Porque o que estamos a facer os alcaldes desde o primeiro momento é tratar de botar unha man e de facelo responsablemente. Pero para poder facer iso o que necesitamos é ter información e ata agora non a tivemos", engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta