Probas de ADN sinalan ao acusado de violación a unha moza en 2017

A vítima afirma que, semanas antes dos feitos, durante a noite de San Xoán do ano 2017, o acusado propúxolle irse con ela a casa e, despois de rexeitalo, perseguiuna polas rúas de Santiago.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 24/09/2020 | Actualizada ás 16:04

Comparte esta noticia

As probas de ADN realizadas por expertos apoian a versión da suposta vítima dunha violación rexistrada no verán do ano 2013 e sinalan ao acusado, que nega uns feitos polos que se enfronta a unha posible pena de prisión de 13 anos por un delito de agresión sexual con penetración.

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña con sede en Santiago acolleu este xoves o xuízo contra R.C.C. pola suposta violación dunha moza que mantiña unha relación co seu compañeiro de piso.

Os feitos remóntanse ao mes de xullo do ano 2017, cando o acusado, a vítima e esta terceira persoa saíron de bares pola zona vella da capital galega. Entrada a madrugada, regresaron ao piso no que residía o acusado, onde supostamente se aproveitou de que a vítima estaba indisposta polo consumo de alcol para abusar sexualmente dela.

Así o defende a acusación particular, que, xunto co Ministerio Público, solicita unha pena de cárcere de 13 anos e outros 10 de liberdade vixiada para o procesado, quen, durante a vista, asegurou limitarse a tratar de axudar a levantarse á denunciante, que sufriu feridas os xeonllos e a cabeza, ademais de padecer consecuencias psicolóxicas polas que segue recibindo terapia na actualidade.

A vítima relatou na vista que acudiu ao baño por estar indisposta mentres estaba na habitación do compañeiro do acusado, con quen mantiña unha relación afectiva desde había unhas semanas. Alí, mentres vomitaba, afirma que R.C.C. entrou no servizo e a violou, agarrándoa por detrás e aproveitándose de que non podía defenderse polo seu estado.

A versión da denunciante está apoiada polos informes forenses de técnicos do Imelga e das probas de ADN realizadas nun laboratorio da Universidade santiaguesa. A exploración da vítima e as posteriores análises revelan o achado de seme do acusado, cuxa defensa pide a libre absolución ao non considerar suficientemente probados os feitos.

Ademais, asegura que ao día seguinte, antes de ir a comisaría a denunciar os feitos acompañada polo compañeiro de piso do suposto agresor, recibiu varias chamadas do procesado, ao que máis tarde se impuxo unha orde de afastamento da vítima. No entanto, esta di recibir no seu traballo a visita do pai do acusado en varias ocasións.

Así mesmo, a vítima afirma que, semanas antes dos feitos, durante a noite de San Xoán do ano 2017, o acusado propúxolle irse con ela a casa e, despois de rexeitalo, perseguiuna polas rúas de Santiago. Outra testemuña chamada pola acusación particular asegurou ser acosada, con tocamentos e bicos non consentidos, no baño dun bar santiagués por parte do procesado.

ACUSADO NEGA OS FEITOS

Na súa comparecencia ante o xuíz, o presunto agresor dixo "non entender" como detectaran mostras do seu seme nas partes íntimas da vítima, posto que "nunca" tivera relacións sexuais con ela e "o único" que el fixera era "tentar axudala a porse de pé" cando a viu sobre o chan do baño.

Tamén deu o seu testemuño no xuízo o compañeiro de piso do acusado, de quen notou que "actuaba raro" cando a vítima o acusou despois de saír do baño de violala, o que, segundo as súas palabras, fixo que a versión dela cobrase verosimilitude.

O xuízo quedou visto para sentenza.

Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta