Se tes sangue A+ o u B+ vai doar: as reservas seguen baixas

Para atender as demandas sanitarias precisanse 500 doazós de sangue cada día.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2020 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

As reservas dos grupos sanguíneos A positivo (A+) e B positivo (B+) permanecen baixas en Galicia, mentres que as de Cero negativo (0-), Cero positivo (0+) e A negativo (A-) seguen normais.

Así o sinalou este venres a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que lembra que os centros sanitarios para atender a demanda necesitan 500 doazóns de sangue cada día.

O vindeiro luns, 28 de setembro, co fin de facilitar a doazón ADOS desprazará unidades móbiles aos municipios coruñeses de Fene --diante centro de saúde--, Arteixo --entrada da Rúa Peonil--, Oleiros --parque á beira da parada de taxis--, Ames --Rúa Cruxa en Milladoiro-- e Teo --diante do Concello na Ramallosa--.

Ademais, o luns ADOS enviará unidades móbiles ás localidades pontevedresas de Pontevedra --zona Ferrería-- e Vigo --diante do Corte Inglés e zona Travesía de Vigo--. O luns 28 de setembro tamén haberá unidades móbiles na cidade de Lugo --zona Parque Castiñeiro e Ronda das Fontiñas-- e no municipio de Ourense --barrio A Carballeira, na Rúa Nicomedes Pastor Díaz--.

Doazón de sangue
Doazón de sangue

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta