Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2020 | Actualizada ás 14:05
A conselleira de Política Social, Fabiola García, defendeu que a Xunta está a pór "todos os mecanismos" a disposición de residencias de maiores "sexa cal for a súa titularidade" para estar "vixiantes ao coidado sanitario e asistencial dos maiores" neste contexto de pandemia.
En resposta ás denuncias sobre o número de positivos rexistrados nestes centros, a conselleira, coincidindo coa firma dun convenio coa Rede Galega de Loita contra a Pobreza, reiterou, como fixo xa no Parlamento galego, que as residencias non son "prisións" nin "búnkers".
"Os traballadores entran e saen da residencia todos os días e teñen un contacto estreito e directo cos residentes", expuxo a este respecto, pero incidindo en que estes centros contan con "protocolos". "E desde a Xunta estamos a testear aos traballadores de todas as residencias cada catorce días para detectar se hai algún positivo e que non se expanda".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.