O Concello de Ferrol acusa a Narón de non estar pagando "o que se lle está liquidando" polo servizo de depuración

"Non consideramos xusto que Ferrol teña que asumir o custo da depuración de Narón", declarou o concelleiro Julián Reina do PSOE ferrolán.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2020 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

O portavoz do goberno municipal de Ferrol, Julián Reina (PSOE), acusou ao Concello de Narón (A Coruña) de non pagar "o que se lle está liquidando" polo servizo de depuración, concretamente polo traballo realizado por Emafesa na Estación depuradora de augas residuais (Edar) de Cabo Prioriño, que comparten ambos os municipios.

Nunha comparecencia ante os medios, Reina lamentouse que en último pleno non se puidese abordar, por superar o horario establecido, "a desestimación das alegacións presentadas por Narón" en relación ás liquidacións realizadas. O municipio que preside Marián Ferreiro (TeGa) non pagou integramente as cantidades reclamadas, ao entender que non están xustificadas, e por iso ingresou só unha parte reclamada e ao mesmo tempo presentou alegacións pola falta de pagamento pendente.

"Narón ten que facer fronte ás liquidacións, ten que facer fronte aos pagos pendentes", destacou o edil ferrolán, que insta a "normalizar a situación". "Non consideramos xusto que Ferrol teña que asumir o custo da depuración de Narón", insistiu, para non descartar levar este asunto ante os tribunais, en caso de prolongarse no tempo,.

Pola súa banda, a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asegurou que non lle parece lóxico "que Ferrol queira cambiar as regras do xogo en metade da partida" e detallou que a diferenza entre a cantidade reclamada por Ferrol e a ingresada por Narón débese a "desavinzas e falta de xustificación pola cantidade", polo que presentaron as alegacións, "que aínda non foron contestadas".

Por último, Ferreiro tamén aproveitou para instar o alcalde de Ferrol "a sentar, falar e se chegamos a un acordo para modificar as regras, modifícanse, pero para nós agora o que hai é un acordo que está hai e seguiremos con el ata que se cambie", detallou.

O portavoz do goberno municipal de Ferrol, Julián Reina.
O portavoz do goberno municipal de Ferrol, Julián Reina. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta