Feijóo só promete "estudar" a reposición da atención pediátrica suprimida en Bande pola covid-19

Os usuarios deste servizo teñen que desprazarse a Celanova.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/09/2020 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse coa alcaldesa de Bande (Ourense), Sandra Quintas, a "estudar" a posibilidade de volver repor a atención pediátrica, que era dunha vez á semana neste municipio, e que foi suprimida durante a crise do coronavirus.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, coa alcaldesa de Bande, Sandra Quintas
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, coa alcaldesa de Bande, Sandra Quintas | Fonte: Ana Varela - Xunta.

Feijóo despachou este luns coa alcaldesa deste municipio ourensán, de algo máis de 1.500 habitantes censados. Nos asuntos tratados, segundo informa a Xunta, o presidente e a alcaldesa analizaron a atención pediátrica, que se suprimiu "temporalmente" durante a pandemia covid-19, o que fai que os usuarios se teñan que desprazar a Celanova.

Feijóo e Quintas "coincidiron na necesidade de estudar que o servizo de atención pediátrica", que se prestaba un día á semana, "volva funcionar con normalidade" no Punto de Atención Continuada (PAC) de Bande.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta