Gonzalo Caballero insiste a Feijóo que explique a "crise" municipal en Ourense e apoia as demandas dos concellos

"O PP cre que Galicia é da súa propiedade e non lle gusta que os alcaldes demanden máis apoio en políticas sociais, máis fondos aos colexios, máis financiamento para os concellos" declarou o secretario xeral do PSdeG.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 30/09/2020 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou este mércores ao presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, que "explique o que está a pasar" no Concello de Ourense, que vive "a maior crise" municipal de toda España.

"O que ten que explicar o PP é o que está a pasar en Ourense, o que teñen que facer (Miguel) Tellado, (Alfonso) Roda e Feijó é porse á beira do alcalde que colocaron para explicar a maior crise que hai nun concello de España nestes momentos", salientou.

Caballero expresouse así no marco dunha visita á localidade ourensá de Castrelo de Miño e outra a Melón, na provincia de Ourense. Precisamente, na primeira delas acaba de prosperar unha moción de censura do PP con dous edís díscolos do PSOE.

De feito, Gonzalo Caballero preguntará pola situación que vive o Concello de Ourense na sesión de control ao presidente da Xunta no pleno que terá lugar a semana que vén na Cámara galega.

"O PP cre que Galicia é da súa propiedade e non lle gusta que os alcaldes demanden máis apoio en políticas sociais, máis fondos aos colexios, máis financiamento para os concellos. Ao PP non lle gusta o municipalismo e rexeita que en Galicia a maioría dos galegos teñan alcaldes ou alcaldesas socialistas", manifestou Caballero.

APOIO AOS REXEDORES

O dirixente socialista manifestou o seu "apoio" aos rexedores que "defenden aos seus veciños", que piden máis fondos para abordar a crise da covid e que reclaman "información" para coñecer o número de contagios que hai nos seus municipios.

"Fronte a unha administración autonómica que bota culpa ao Goberno de España", contrapuxo Caballero, quen reprochou á Xunta que "non asuma responsabilidades" no inicio de curso escolar, no ámbito sanitario, na promoción económica e de apoio aos autónomos.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en visita a Castrelo de Miño e Melón este mércores. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en visita a Castrelo de Miño e Melón este mércores. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta