Baixan os casos activos, pero continúan as mortes con tres novos falecidos nas últimas horas

Xa son 754 os mortos por covid en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2020 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

Tres novos falecementoss confirmados en hospitais galegos este sábado elevaron o cómputo de vítimas da COVID-19 a un total de 754 na comunidade.

En concreto, trátase de tres homes de 93, 89 e 87 anos que estaban ingresados no Hospital de Lugo, no Complexo Hospitalario de Ourense e no Complexo Hospitalario de Santiago, respectivamente. Todos eles presentaban patoloxías previas.

O número de falecidos diagnosticados con coronavirus desde o comezo da 'nova normalidade' ascendeu a 133. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade galega encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.

Posible infectada de coronavirus sendo atendida en Urxencias / @miguelnuñez Entrada en Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo por casos de coronavirus / © Miguel Núñez. Entrada en Urxencias / © Miguel Núñez.
Posible infectada de coronavirus sendo atendida en Urxencias / @miguelnuñez Entrada en Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo por casos de coronavirus / © Miguel Núñez. Entrada en Urxencias / © Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta