Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2020 | Actualizada ás 14:50
O Consello da Cultura Galega celebrará este luns un encontro co músico Carlos Núñez en homenaxe ao gaiteiro Ricardo Portela, posto que este ano conmemorar o centenario do seu nacemento en 1920.
En concreto, o acto celebrarase ás 11,30 horas na sede da institución coa presenza de, ademais de Carlos Núñez, outras figuras representativas do mundo da gaita. Tamén estará a presidenta do Consello da Cultura, Rosario Álvarez.
Este encontro enmárcase dentro dos actos previstos para conmemorar o centenario, unha efeméride que comezou a celebrarse o pasado 25 de xullo, Día de Galicia, cando a institución cultural publicou en Internet 'De gaiteiro a gaiteiro', obra de Carlos Núñez que asenta o testamento vital de Ricardo Portela e que este luns servirá como fondo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.