Máis de 64.400 animais abandonados en Galicia en tres anos, segundo Libera

Os animalistas reclaman un plan estratéxico para o benestar animal como un "mapa de traballo" para a nova lexislatura galega

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2020 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

A asociación animalista Libera estima que entre os anos 2017 e 2019 foron abandonados en Galicia ao redor de 64.400 animais, na súa inmensa maioría cans, pero tamén gatos, roedores e ata especies consideradas exóticas "en función das modas".

A través dun comunicado, o colectivo lembra que este domingo 4 de outubro, Día Internacional dos Animais, está non só para homenaxear a figuras relixiosas vinculadas aos seres vivos, como San Francisco de Asís, senón tamén como unha "xornada de reivindicación para alertar sobre as carencias que se seguen repetindo con respecto ás políticas públicas".

Neste contexto, Libera denuncia a "irresponsabilidade" da compravenda de animais, que foi só "parcialmente combatida" coa prohibición de exhibir animais en escaparates e "segue campando ás súas anchas a través de redes sociais e páxinas web".

Así mesmo, a asociación alerta do custo público do abandono, que vén de "a necesidade de licitar concesións privadas para a recollida e atención veterinaria, ademais da manutención, ou de convenios con ONG". Segundo datos de Libera, este custo superaría os 19 millóns de euros nos últimos tres anos, mentres que a achega directa da Xunta "apenas sería de 350.000 euros para os 313 concellos e as entidades protectoras".

Ante este panorama, o colectivo reclama un plan estratéxico para o benestar animal como un "mapa de traballo" para a nova lexislatura galega. Para esta folla de ruta, propón incluír accións similares a países como Portugal ou Suíza, onde "se subvencionan as intervencións de esterilización que evitan o nacemento de camadas indeseadas e posteriores abandonos", ademais de medidas de carácter educativo e campañas publicitarias en medios de comunicación.

Un dcan cuxa situación preocupaba aos animalistas | Libera
Un dcan cuxa situación preocupaba aos animalistas | Libera

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta