Estabilidade

Curiosa situación a que vive o estado español, na que os informes dos bancos de inversión recoñecen que mentres as empresas e traballadores fixeron un enorme esforzo neste contexto de crise, a caste política é a grande eiva que temos, pola súa escasa capacidade para o consenso, a falta de concreción nas medidas tomadas, e os alarmantes niveis de corrupción que vivimos.

Por Rafael Cuiña | Lalín | 19/04/2013

Comparte esta noticia
Un informe de J.P. Morgan é demoledor a este respecto, e sen dúbida pode ser tomado como referencia por parte de inversores que en outras condicións verían que a recesión é unha posibilidade para a inversión das quenllas financeiras, que tanta tendencia ten a protexer este corrupto sistema capitalista. Claro que algúns aducirán, con moita razón, que precisamente J.P. Morgan é un dos responsables da escuridade informativa que tivo como consecuencia a insostible situación financeira actual. Sen dúbida a caste política da última década é absolutamente responsable pola súa manifesta incapacidade, dos moito sufrimentos que estamos a pasar nesta sociedade; probablemente eses consensos que tanto demanda a racionalidade, impedirían un modelo educativo que muda permanentemente en función das siglas dos gobernantes de quenda que aplican máis a ideoloxía que a lóxica, ou mesmo que o sistema permita que os máis prexudicados pola crise, sexan precisamente quen a estean pagando coas súas casas desafiuzadas, desempregados ao borde da exclusión social, ou co peche masivo de PEMES, porque o órgano regulador permitiu que as entidades financeiras pensasen que as burbullas da construción de vivendas, eran páxinas nun libro en branco que nunca se ían a encher.
 
O fácil é botarlle a culpa ao Estado das autonomías dende o centralismo xacobino, como se Portugal, ou a proximamente problemática Francia, non fosen todo o contrario do que os reaccionarios denuncian. A crave é que a necesidade de“credibilidade” que tanto predicaba Rajoy como xefe da oposición, e de cuxa inexistencia acusaba a Zapatero a modo de pecado capital, hoxe non é máis que unha aspiración de aqueles que poñen pedras no vieiro do desenvolvemento aos fillos que están socialmente matando.
 
A xeración mellor formada da Historia sufre “mobilidade exterior”, nunha vergoñenta afirmación da ministra de emprego, sintomática do nivel duns políticos actuais que mentres médicos, enxeñeiros navais, e mozos de alta capacitación non poden amortizar a inversión do Estado na súa educación en crear riqueza e desenvolvemento para esta terra, e teñen que emigrar como tantos outros galegos, aquí o importante é quen é o sucesor de Rubalcaba ou as batallas internas do Partido Popular para non deixar medrar a quen se mova na foto.
 
Ou non?

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Rafael Cuiña Aparicio Cursou estudos de dereito, e na actualidade é empresario en Lalín. Membro de varios foros de pensamento galeguista, como Prolingua, foro Peinador e IGEA, do que é directivo. Articulista en diferentes medios do país.