Asociacións LGTBIAQ consideran o suicidio dunha moza de 17 anos de Rois como un "asasinato social"

Din que estaba a ser vítima de acoso "por ser bisexual".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/10/2020 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

Máis dunha decena de asociacións en defensa dos dereitos do colectivo LGTBIAQ emitiron un comunicado para lamentar a morte dunha moza de 17 anos de Rois (A Coruña), que se quitou a vida no que consideran un "asasinato social".

Bandeira arco iris, símbolo do colectivo LGTBI.
Bandeira arco iris, símbolo do colectivo LGTBI.

No manifesto, as asociacións relacionan este suceso co feito de que a moza, que tamén sufrira acoso na súa etapa escolar, estivese a ser vítima de acoso "por ser bisexual". "Todas e cada unha das persoas que a odiaban por ser bisexual, e que llo demostraron, son as súas asasinas", denuncian.

Así mesmo, tamén inciden na responsabilidade de quen "tampouco a apoiaron" e que "miraron para outro lado cando era agredida, por medo ou por indiferenza". "Todas as persoas con capacidade para actuar, que sabían o que acontecía, pero que non se situaron nin se implicaron o suficiente, son cómplices do seu asasinato", aseveran.

Estas asociacións lembran que á idade da menor "é difícil facer fronte ou escapar dunha contorna hostil", nunha localidade "pequena onde todo o mundo se coñece", pero onde "ninguén, ou case ninguén, levanta a voz para defender a quen transita camiños minorizados, a quen vai a contra corrente buscando sinxelamente ser como é, pelexando cada día polo seu dereito para ser tan feliz como calquera".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta