Un artigo no New York Times denuncia a "incompetencia" do Estado e das autonomías ante a Covid

Critica o "holliganismo" político que se vive en España e só salva a xestión do Principado de Asturias.

Por Galicia Confidencial | New York | 06/10/2020 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

"Incompetencia". Así define un artigo de David Jiménez, xornalista e autor de "El Director", a xestión que o Goberno central e as autonomías están facendo do coronavirus nun artigo que publicou no prestixioso xornal norteamericano The New York Times. Unha penosa xestión da que só salva ao Principado de Asturias.

Presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso.. COMUNIDADE DE MADRID
Presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso.. COMUNIDADE DE MADRID

Nesta información de opinión, Díaz lembra que a clase política vai moi por detrás dos cidadáns e lembra, que mentres estes foron os "máis disciplinados" en acatar todas as normas para evitar a fin da pandemia, entre elas o uso da máscara desde pouco despois do confinamento, os políticos "non están a altura" das circunstancias.

E pon como exemplo o que está sucendendo entre o Goberno central e a Comundiade de Madrid. "En tempo normal, as disfuncións políticas eran menos obvias. Pero a pandemia revelou unha verdade dolorosa: a incompetencia custa vidas e a ruína da economía. Isto é evidente na rexión de Madrid", suliña.

Así, lembra que Nova York e Madrid eran en situacións similares en xuño. Pero, desde entón, a rexión de Madrid viu os casos multiplicados a 772 por 100,000 habitantes mentres Nova York mantivo a situación baixo control con 28 infeccións por 100,000 habitantes. "Non hai ningún misterio aquí tampouco: A diferenza é explicada polo número de rastrexadores, o reforzo da atención hospitalaria, a apertura prudente de negocios e as probas". 

 

Neste sentido, destaca que a "mediocridade política" requerirá de "reformas profundas" que teñen que comezar con educación cunha nova xeración de "novos dirixentes". Así, Jiménez lembra que a maioría dos representantes políticos españois chega a posicións de responsabilidade sen experiencia máis aló da política. "O 36 por cento de membros de Congreso en 2018 declaraba que nunca traballaron no sector privado", destaca.

 

Por iso, aposta por unha reforma da lei elecotral, ao estilo norteamericano, para que os cidadáns escollan directamente aos seus representantes políticos e non como parte dunha lista electoral e, tamén, unha reforma da organización territorial do Estado e "fortalecer" as institucións de goberno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta