Catro detidos por atracar un club de alterne en Celanova a punta de escopeta

A Garda Civil vén de constatar que tamén serían responsables do roubo dunha casa en San Cristovo de Cea.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2020 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo a catro persoas por atracar un club de alterne no municipio ouensano de Celanova e roubar nunha vivenda en San Cristovo de Cea. 

Club de estrada. EUROPA PRESS - Arquivo
Club de estrada. EUROPA PRESS - Arquivo

Segundo informou o Instituto Armado, o Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Xinzo de Limia, en colaboración cos compañeiros de Puerto del Rosario en Forteventura, detiveron o pasado 6 de outubro a unha veciña de Quintela de Leirado de 47 anos; a outro de 34 anos de Belmonte (Ourense); así como a unha moza de 21 veciña da Bola e un home de 28 residentes en Forteventura --onde habían ido a residir despois de cometer os feitos delituosos-- como pesuntos autores dun delito de roubo con violencia e intimidación e outro de roubo con forza.

Os feitos ocorreron o 20 de xullo cando dous homes armados cunha escopeta e unha pistola entraron nun club de alterne de Celanova e, tras dous disparos intimidatorios e despois de agredir a tres persoas ás que causaron lesións leves, levaron a recadación da caixa que contiña 500 euros. Tras iso, fuxiron en in vehículo conducido por outra persoa.

Os investigadores constataron que os autores do atraco son os mesmos do roubo con forza nunha casa en San Cristovo de Cea, onde levaron unha pistola que foi usada posteriormente no atraco.

Os detidos pasaron a disposición xudicial en Celanova e Forteventura, tras o que se decretou o ingreso en prisión do home de 34 anos veciño de Belmonte e do veciño da Bola de 28 anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta