Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2020 | Actualizada ás 10:03
A Garda Civil de Verín detivo o pasado fin de semana a un mozo veciño deste municipio ourensán tras ser interceptado nun vehículo con máis de 300 gramos de marihuana.
Segundo informou o Instituto Armado, o pasado 10 de outubro foi detido R.R.L., de 19 anos de idade e veciño de Verín, como presunto autor dun delito contra a saúde publica por tráfico de drogas.
Este individuo foi interceptado cando conducía un vehículo no que levaba dúas bolsas con marihuana cun peso de 314 gramos, concretaron as mesmas fontes. As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas á Xulgado Instrución número 1 de Verín.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.