O Senado non descarta que a Conferencia de Presidentes sexa telemática e supedítao ao estado de alarma en Madrid

A ela está convidada a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyden.

Por E.P. | MADRID | 13/10/2020 | Actualizada ás 15:36

Comparte esta noticia

A vicepresidenta do Senado, Cristina Narbona, avanzou este martes sobre a Conferencia de Presidentes prevista para o próximo 26 de outubro que non se descarta que sexa de forma telemática e que atenderá á situación de estado de alarma na Comunidade de Madrid.

En rolda de prensa tras a reunión da Mesa, Narbona aclarou ao ser preguntada sobre o formato da Conferencia de Presidentes que a intención inicial era que o encontro fora presencial e indicou que estes detalles se coñecerán nun momento máis próximo á Conferencia.

"Atopándonos en estado de alarma, polo menos ata o día 23, quizais o formato definitivo da reunión teña que ver co momento en que se atopa a Comunidade de Madrid", salientou. Á reunión convidouse a participar á presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, nun momento "delicado para España" porque, segundo argumentou, están a debaterse os tempos e os contidos dos fondos europeos dos que o país debería "beneficiarse ao máximo".

Conferencia de Presidentes.. ARMANDO ALVAREZ
Conferencia de Presidentes.. ARMANDO ALVAREZ

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Gamela

Que non nos tomen máis o pelo ! Esto do mundo telemático especialmente cando falamos de política e sobre todo de lexislación (acordos) que van afectar á vida da xente durante anos, non deberamos seguir TRAGANDO contos ! A esta reunión pensan invitar ao Presidente da FEMP (que como alcalde de Vigo está máis nas luces de Nadal que na reconstrucción e na pandemia) Os nosos parlamentarios en Galicia pretenden tamén TeleLexislar (catro anos) mentres os servizos telemáticos do Parlamento son tan ruíns que nin de lonxe alguén tería a pacencia de ler este tocho sen párrafos... para que logo digan que podemos participar... xa xa... http://www.parlamentodegalicia.es/P...

1 GaliPresi

Gamela, preséntate. Yo te voto. Y podrías gobernar telemáticamente también.

2 Gamela

alégrame saber que conto co teu voto ! pero case mellor asinamos esta Iniciativa Cidadá Europea que por certo non require recoller sinaturas en papel (como sucede aquí) basta con introducir os datos e asinada telemáticamente (da comprobación xa se encarga a propia Comisión Europea!) Eso sí que é teletraballar e non os contos dos Grupos Parlamentarios en Galicia ! (eles a vivir e nós a traballar para eles!) https://twitter.com/00Gamela/status...