DomusVi di que os seus mortos eran "pluripatolóxicos", tras acumular o maior número de falecidos en centros

Esta empresa, que xestiona multitude de residencias en todo o Estado, destaca as "medidas implantadas" para evitar contaxios masivos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2020 | Actualizada ás 16:57

Comparte esta noticia

A directora asistencial de DomusVI, Fini Pérez Martínez, defendeu este martes que o 90% dos seus centros en España non teñen ningún caso de coronavirus, á vez que puxo en valor as medidas implantadas pola compañía entre a primeira e a segunda onda da covid-19.

Nun encontro virtual cos medios, Fini Pérez explicou que, do 10% de residencias DomusVi con casos, o 6% ten menos de 10 e a cifra máis habitual é entre 2 e 4 afectados. Nos centros onde se rexistraron falecementos, apuntou, tratábase de "perfís pluripatolóxicos".

Entre estes centros con casos atópase a galega DomusVi Lugo, situada no municipio de Outeiro de Rei e que este martes mantén 130 usuarios contaxiados. Con todo, e a pesar disto, segundo explicou a directora asistencial, a incidencia da covid nos centros foi "máis baixa" nesta segunda onda debido á posta en marcha de medidas preventivas. Entre elas, destacou a realización de PCR previa aos novos ingresos ou a creación dunha unidade de convivencia diferenciada para os novos usuarios de modo que se poidan ter máis controlados.

Ademais de reforzar os protocolos preventivos de hixiene de mans, uso de máscara ou distancia social, a compañía emprega "grupos homoxéneos" para as terapias, de modo que "sexa máis difícil a dispersión do virus". Tamén se minimizaron os accesos de persoas do exterior, que en ningún caso entran en contacto cos usuarios

En relación ao material e EPIs, Fini Pérez dixo que, nestes momentos, hai stock nos centros para tres meses e existe un procedemento específico de limpeza no que se realizan desinfeccións periódicas, de maneira máis intensa nas zonas comúns.

Fachada da residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei en Lugo.. Carlos Castro - Europa Press
Fachada da residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei en Lugo.. Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta