"Emocionarse e criminalizar non é razonable"

O presidente da Xunta critica a Beiras por emocionarse pero criminalizalo ao mesmo tempo e di que os "puños e manotazos non teñen cabida no Parlamento". Evita concretar cando informará dos contratos de Dorado á Xunta e di que será "de xeito inmediato".

Por Xurxo Salgado | Compostela | 25/04/2013 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, despachouse este xoves contra o líder de AGE, Xosé Manuel Beiras, a quen criticou por trasladar os "puños e manotazos" ao Parlamento. Por iso, suliñou que a súa emoción ao falar da droga --Beiras mesmo chorou na comparecencia de hai 15 días-- "non é razonable" se ao mesmo tempo o criminaliza.

Beiras encárase con Feijoo no Parlamento /AGE Beiras encárase con Feijoo no Parlamento /AGE
Beiras encárase con Feijoo no Parlamento /AGE Beiras encárase con Feijoo no Parlamento /AGE

Galicia Confidencial preguntoulle a Feijóo se ao igual que critica os "puños e manotazos", tamén critica a "emoción" dos parlamentarios e lembroulle que el mesmo aplaudía cando Fraga tamén se emocionaba e choraba na Cámara.  "Emocionarse é humano. Non teño nada en contra das persoas que se emocionan pero si en contra das que se emocionan e, a través da súa emoción, trasladan a outros responsables políticos unha relación, unha actividade noxenta e criminal como as drogas iso non é compatible. Emocionarse e criminalizar sistemáticamente non é razonable", foi a súa resposta.

"Prácticas antidemocráticas"

Previamente, o líder popular arremeteu contra Beiras a quen acusou de trasladar "prácticas antidemocráticas" á Cámara tras a decisión do líder de AGE de acudir o seu escano e dar unha puñada na mesa do presidente logo de que este se burlara del "polo zapato e por emocionarse tanto, tanto". "As imaxes son clarificadoras", dixo para suliñar que o Parlamento é o lugar no que se pode "acordar ou discrepar", pero non levar os "puños" e os lapotes. "Escoitei moitos descalificativos pero, desde logo, puños e manotazos non acepto e que non conten comipo para esas prácticas antidemocráticas", suliñou.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo insistiu en que o debate na Cámara ten que ser con "argumentos e mesmo paixón", pero non con "agresión ou agresividade" e lamentou a escalada, dixo, "que están padecendo as institucións".

Non pide a dimisión

Sen embargo, e a diferencia do que fixeron este mércores a maior parte dos membros do seu Executivo, Feijóo evitou pedir, directamente a dimisión de Beiras. "Cada galego ten o seu propio criterio e hai cuestións que non se poden sobrepasar e hai deretios e obrigas e o que se pide é que non se crispe á sociedade", dixo.

Por iso, denunciou que se utilice a actual situación económica para "este tipo de comportamentos" porque, insistiu, "é antidemocrático". Por iso, suliñou que seguirá traballando para "garantir" o estado de dereito "pese a quen lle pese" e a pesares de que "algúns non o queiran". 

A escusa da puñada

Feijóo tamén se referiu aos contratos que a Xunta asinou coas empresas de Marcial Dorado durante os últimos 20 anos que era o que o martes lle preguntou a oposición e que non contestou. "Non puiden contestar porque un deputado deu unha puñada no meu escano", escusouse.

Así, suliñou que "ten urxencia en acreditar céntimo a céntimo" cales foron os contratos que Dorado recibiu da Xunta, tanto dos gobernos de Fraga, como dos do bipartito. "Será de xeito inmediato", dixo sen aclarar, novamente, cando será. 

Preguntado por El País sobre se se lle adxudicou algo ao narco galego sendo el alto cargo da Xunta, Feijóo respostou, "nin como conselleiro, nin como presidente". "Pero eu preguntolle cando vostede era alto cargo en Sanidade?", insistiu o xornalista Vázquez Hermida. "Cando demos a información será consellería por consellería", limitouse a responder Feijóo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 53 comentarios

19 ANTIVIEIRAS

Abaixo expaña, abaixo o rei, abaixo marijuano, abaixo vieiras, abaixo ferrolita, abaixo o pache e abaixo todo o pp, non os queremos non os necesitamos Galiza para os Galegos, muera expaa por un 1º maio revolucionario contra expaña e as suas criaturas nonarquicas ---- http://www.youtube.com/watch?v=vOaM...

18 Sálvame

Coma sempre o noso é a leiriña. A maioría son comentarios que non aportan nada e que de seguro non se farían (por vergonza) se non fose polo anonimato. Logo temos temas coma o dos Peches no ensino en Pontevedra cero comentas, A revolución dos caraveis dous comentas, Homenaxe á música tradicional cero comentas, Outra especie galega en vías de extinción cero comentas, Operación Forest salpica á Xunta cero comentas... Así nos vai, o PP ríndose de todos e nós dicindo que chove. Somos uns malos imitadores de cotillas. Isto non é un país e un "Sálvame diario". Boa finde.

1 tralará

Talmente!

2 Coiro

cONCORDO AO 100%

17 Bautista do Unto

Grazas a Beiras e a Alternativa Galega de Esquerdas o Parlamento Galego deixou de ser o Parlamentiño de Cartón do BNG, Psoe e PP

1 antivieiras

Vieiras é un vello tonto, esa é a realidade aqui o que necesitamos os galegos é un obreiro que non teña medo o ruido das ametralladoras, xa basta de tanto elemento aburguesado e podre de tanto señorio de brion (mais de 32 hectareas)

16 antiburrice

mentres Beiras denuncia a operación como neofranquista, deixando misteriosamente a salvo a reputación de quen publicamente a preside, Iolanda levita de gozo. O que acontece é que estamos nunha nova fase do piñeirismo cultural, que é político, agora si cunha presidencia que aporta unha inesperada dose de maior confusión, desnorte e demagoxia ad maiorem gloriam de España. Paco Rodriguez encol da "Operación Come-lo Caldo" do españolismo autonomista da AGE-RAG

1 Perico Pallotti

Maande?

2 opacanido

Non será este mesmo Paco Rodriguez, nonsi? http://www.lavozdegalicia.es/hemero...

15 Perico Pallotti

Para os que se sorprenden dos insultos e ameazas da UPG a Beiras, aclarar que cando Beiras estaba no Bloque facían o mesmo, aínda que diante del lle fixeran a pelota do xeito máis rastreiro que teño visto.