"Emocionarse e criminalizar non é razonable"

O presidente da Xunta critica a Beiras por emocionarse pero criminalizalo ao mesmo tempo e di que os "puños e manotazos non teñen cabida no Parlamento". Evita concretar cando informará dos contratos de Dorado á Xunta e di que será "de xeito inmediato".

Por Xurxo Salgado | Compostela | 25/04/2013 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, despachouse este xoves contra o líder de AGE, Xosé Manuel Beiras, a quen criticou por trasladar os "puños e manotazos" ao Parlamento. Por iso, suliñou que a súa emoción ao falar da droga --Beiras mesmo chorou na comparecencia de hai 15 días-- "non é razonable" se ao mesmo tempo o criminaliza.

Beiras encárase con Feijoo no Parlamento /AGE Beiras encárase con Feijoo no Parlamento /AGE
Beiras encárase con Feijoo no Parlamento /AGE Beiras encárase con Feijoo no Parlamento /AGE

Galicia Confidencial preguntoulle a Feijóo se ao igual que critica os "puños e manotazos", tamén critica a "emoción" dos parlamentarios e lembroulle que el mesmo aplaudía cando Fraga tamén se emocionaba e choraba na Cámara.  "Emocionarse é humano. Non teño nada en contra das persoas que se emocionan pero si en contra das que se emocionan e, a través da súa emoción, trasladan a outros responsables políticos unha relación, unha actividade noxenta e criminal como as drogas iso non é compatible. Emocionarse e criminalizar sistemáticamente non é razonable", foi a súa resposta.

"Prácticas antidemocráticas"

Previamente, o líder popular arremeteu contra Beiras a quen acusou de trasladar "prácticas antidemocráticas" á Cámara tras a decisión do líder de AGE de acudir o seu escano e dar unha puñada na mesa do presidente logo de que este se burlara del "polo zapato e por emocionarse tanto, tanto". "As imaxes son clarificadoras", dixo para suliñar que o Parlamento é o lugar no que se pode "acordar ou discrepar", pero non levar os "puños" e os lapotes. "Escoitei moitos descalificativos pero, desde logo, puños e manotazos non acepto e que non conten comipo para esas prácticas antidemocráticas", suliñou.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo insistiu en que o debate na Cámara ten que ser con "argumentos e mesmo paixón", pero non con "agresión ou agresividade" e lamentou a escalada, dixo, "que están padecendo as institucións".

Non pide a dimisión

Sen embargo, e a diferencia do que fixeron este mércores a maior parte dos membros do seu Executivo, Feijóo evitou pedir, directamente a dimisión de Beiras. "Cada galego ten o seu propio criterio e hai cuestións que non se poden sobrepasar e hai deretios e obrigas e o que se pide é que non se crispe á sociedade", dixo.

Por iso, denunciou que se utilice a actual situación económica para "este tipo de comportamentos" porque, insistiu, "é antidemocrático". Por iso, suliñou que seguirá traballando para "garantir" o estado de dereito "pese a quen lle pese" e a pesares de que "algúns non o queiran". 

A escusa da puñada

Feijóo tamén se referiu aos contratos que a Xunta asinou coas empresas de Marcial Dorado durante os últimos 20 anos que era o que o martes lle preguntou a oposición e que non contestou. "Non puiden contestar porque un deputado deu unha puñada no meu escano", escusouse.

Así, suliñou que "ten urxencia en acreditar céntimo a céntimo" cales foron os contratos que Dorado recibiu da Xunta, tanto dos gobernos de Fraga, como dos do bipartito. "Será de xeito inmediato", dixo sen aclarar, novamente, cando será. 

Preguntado por El País sobre se se lle adxudicou algo ao narco galego sendo el alto cargo da Xunta, Feijóo respostou, "nin como conselleiro, nin como presidente". "Pero eu preguntolle cando vostede era alto cargo en Sanidade?", insistiu o xornalista Vázquez Hermida. "Cando demos a información será consellería por consellería", limitouse a responder Feijóo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 53 comentarios

14 Independentista

Ben,está claro que para a UPG é máis importante atacar a Beiras que ao narcotráfico. Os da seita sempre foron así

13 eueu

Alucino cos comentarios! Quen lle puxo alfombra vermella ao PP senón Bng e PPsoe? e agora seguen cobrando os pluses de altos cargos aprobados pola "esquerda na dereita, detrás do c_u pasando polo arredore..." E mentres Beiras puña ao amigo do narco no seu sitio, o Gorquera con cara de pallaso mirando ao ceo a ver se o inspiraba deus, pois agora no Bng cren en deuses, fadas e trasnos a ver se os sacan do burato

12 antiburrax

Artigo esclarecedor para saber quen é realmente Vieras Torradas, o seu socio Come-lo Caldo Alonso Montero e o seu invento neoespañolista chamado AGE http://www.terraetempo.com/artigo.p...

1 eusi

Bip bip bip: desconexión total da realidade... estou no ciberespazo... Non hai nada humano por aqui!

2 jziuxar

hahaha esclarecedor no terraetempo?? Pero que tomas rapaz, cambiate de camello, fala con Feijoo mesmo el podete aconsellar hahahaha

3 jziuxar

hahaha esclarecedor no terraetempo?? Pero que tomas rapaz, cambiate de camello, fala con Feijoo mesmo el podete aconsellar hahahaha

11 xustizaencarapuchada

eu sempre digo vieiras, igual que cando risco era risco e deixou deselo por medo a ser fusilados, pero vou ser respetuoso e claro X.M. BEIRAS estalle a por unha autoestrada o partido popular de 12 carris, estaran gobernando estes catro anos e outros catro anos mais. Beiras é un gran intelectual, pero entra nas provocacións e cae nas trampas, o do debate foi unha trampa do "amigo dos cuatreiros e actual presidente da UNTADA DA MALICIA, Beiras ten grandes cousas, moitas pero e unha persoa tamen con moitas limitacións.

1 Un de ANOVA

Non tes nin idea. Mira os comentarios da xente en xornais de dereitas como a Voz ou o ABC. Mesmo alí hai xente que defende a Beiras. Xente de dereitas pero contra o narco. Feijoo está acabado. Os da UPG sodes o mellor amigo do PP

2 tomalacasitos

si, si hoxe atopei a un amigo na metade da rua, dos que leva mais de 30 anos no pce, xa me dixo que nos o coñeciamos mais referindose o vieiras despectivamente, e que vamos... co Vieiras PEPEROLO para rato, vieiras e o regano que nos da unha reforma democratica burguesa fracasada na Galiza. Queredes comer vieiras pero comeredes feixoos...

3 tomalacasitos

desde logo non existe nada mais perigoso no mundo que a ignorancia sincera e a estupidez concienzuda. Na ideoloxia vieirista xuntanse estes dous perigos

4 undevijo

A intelixencia a demostras ti insultando os demais....

5 jziuxar

Falade e falade, na rúa mentres tanto a xente apoia a Beiras, o BNG esmorecese e desaparece e eu aledome porque vexo que o merece, é algo do pasado, o que está facendo Beiras e construir unha alternativa de futuro, UPG e demais sodes moi pouco e ides ser menos ata desaparecer, vos guste ou non.

10 Pastelao

Que alguén lle dea a pastilla a Xosé Manuel, por favor

1 Un de ANOVA

Feijoo e Dorado teñen pastillas de todolas cores (pero de pago)

2 sanpedro

O do vieiras non é por unha falta de pastillas, que é por exceso de medicaciósn psicotropicas, ten a cara de "louco" e os ollos dun tolo alucinado