O PPdeG sinala á xente nova como "parte da solución" dos problemas e reivindica o labor das Novas Xeracións

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, sinalou que nun contexto tan complexo como o da pandemia, en que "hai que reiventarse", a "implicación da mocidade é fundamental" e reivindicou o esforzo das Novas Xeracións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2020 | Actualizada ás 15:24

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que os mozos "non son parte do problema, senón parte da solución" e reivindicou o esforzo dos integrantes das Novas Xeracións do partido.

O número dous dos populares galegos pronunciouse deste xeito antes de reunirse este sábado en Santiago, xunto ao conselleiro de Educación, cos membros da xunta directiva da organización xuvenil do PPdeG.

Tellado sinalou que os populares queren que as Novas Xeracións sexan a súa "vangarda", os seus "ollos" e os seus "oídos" para que lles transmitan "tanto os problemas e retos que perciben" como "as súas propostas para afrontalos".

Na súa intervención, sinalou que nun contexto tan complexo como o da pandemia, en que "hai que reiventarse", a "implicación da mocidade é fundamental" e reivindicou o esforzo das Novas Xeracións, "que dedican o seu tempo a traballar por un país mellor".

"Trátase dun exercicio de compromiso, que sempre é de agradecer, pero especialmente nestes tempos tan complexos nos que o esforzo de todos é máis importante que nunca", incidiu.

"UN GOBERNO QUE ESCOITA"

Miguel Tellado destacou tamén o feito de que o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade comparta coa mocidade do PP as medidas que leva a cabo o Goberno galego para que o ano académico poida transcorrer coas maiores garantías de seguridade sanitarias posibles.

Respecto diso, o número dous do PPdeG sinalou a dobre vocación do Executivo autonómico: "a de escoitar á sociedade, en concreto aos mozos de Galicia; e a de comunicar, coa maior transparencia e claridade posible, o seu traballo e labor de goberno".

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, intervén antes de reunirse con membros de Novas Xeracións xunto ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez. PPDEG
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, intervén antes de reunirse con membros de Novas Xeracións xunto ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta