O centro de recuperación de fauna silvestre de Cerdedo-Cotobade terá lista a súa ampliación antes de final de ano

As obras consisten na construción dun túnel de voo co que se pretende facilitar a práctica das aves recuperadas antes do seu retorno ao medio natural.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2020 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

As obras de reforma e ampliación do Centro de Recuperación de fauna silvestre de Carballedo, situado no municipio pontevdrés de Cerdedo-Cotobade, estarán terminadas antes de que conclúa o ano, previsiblemente, xa no mes de novembro.

Diso informa a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda nun comunicado emitido este domingo no que lembra que a actuación, adxudicada á empresa Arines Obras e Proxectos, conta cun orzamento de case 175.000 euros, dos cales, o 80% parten dos fondos Feder Galicia 2014-2020.

As obras consisten na construción dun túnel de voo co que se pretende facilitar a práctica das aves recuperadas antes do seu retorno ao medio natural. O centro tamén contará con piscinas e zona de baño para as aves acuáticas.

O centro de Carballedo acolle a unha gran maioría de aves, entre as que predominan as rapaces e as acuáticas, polo que, na súa reforma e ampliación, apostouse por reforzar as instalacións para estas especies.

Estes traballos completarán os levados a cabo na primeira fase, concluída en 2018 e que supuxo un investimento de medio millón de euros cos que se adecuou un edificio para a acollida de animais e a súa atención veterinaria, así como a construción dun novo inmoble destinado á recuperación dos exemplares tratados previo paso á súa solta.

Aguia Real
Aguia Real | Fonte: Isidro Cea Flickr

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta