Anpas Galegas advirte da "confusión" que hai sobre a ventilación nos centros educativos e pide instrucións

Avisa de que os pequenos "empezan a ter síntomas que poden ser similares" á sintomatoloxía por COVID-19.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/10/2020 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

A Confederación Anpas Galegas advertiu este luns das dúbidas entre as familias e entre os centros para levar a cabo as medidas de ventilación de espazos, especialmente aulas, neste contexto de baixas temperaturas e a proximidade da época invernal.

Colexio.
Colexio.

A asociación advertiu de que as condicións meteorolóxicas xa se están notando entre o alumnado e os propios centros, dado que os pequenos "empezan a ter síntomas que poden ser similares" á sintomatoloxía por COVID-19.

É por iso que piden á administración galega que ofreza instrucións tanto para evitar "confusións" e "ausencias" de alumnado ou activacións do protocolo pola pandemia innecesarias como de posibles alternativas para renovar o aire nos espazos educativos no caso de non poder abrir xanelas.

Anpas Galegas apela a "non deixar un problema tan grave en mans dos centros", para evitar que empeore a saúde dos estudantes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta