Outros nove falecidos elevan a 831 as vítimas con covid-19 en Galicia

Cinco deles están relacionados con residencias de maiores.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/10/2020 | Actualizada ás 20:18

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou este luns outros nove falecementos vinculados coa covid-19 en Galicia, cinco deles relacionados con residencias de maiores, co que a cifra de mortos por mor da pandemia sitúase xa nos 831.

Dúas sanitarias preparan probas PCR en Monforte de Lemos
Dúas sanitarias preparan probas PCR en Monforte de Lemos | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

En concreto, os últimos datos informan do falecemento dun home de 62 anos que se atopaba ingresado no CHUO, procedente da residencia Os Gozos, de Pereiro de Aguiar, así como dunha muller de 84 anos e un home de 68 ingresados no CHUS.

Tamén morreu un home de 80 anos que estaba internado no Complexo Hospitalario de Vigo e unha muller de 73 anos ingresada no Hospital de Pontevedra.

A maiores, rexistráronse catro falecementos en residencias de anciáns: dúas mulleres de 94 e 95 anos dos Gozos; unha muller de 93 anos en Val de Monterrei (Ourense) e un home de 95 anos na residencia DomusVi Oleiros (A Coruña).

Con estas nove últimas mortes de pacientes con covid, a cifra total desde o comezo da 'nova normalidade' ascende a 212 mortos en Galicia. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, Galicia encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta