Allariz, exemplo de veciñanza comprometida coa reciclaxe

A recuperación de envases de plástico e de vidro neste 2020 supera os datos do ano anterior. Segundo Bernardo Varela, Concelleiro de Medio Ambiente, o esforzo debería encamiñarse agora á redución dos mesmos.

Por X.M. Fernández | Allariz | 22/10/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Os datos deste 2020 acreditan unha vez máis que as políticas de separación, recuperación e reciclaxe no Concello de Allariz teñen o respaldo maioritario da veciñanza. 

Colectores no Concello de Allariz. Foto: Prensa concello
Colectores no Concello de Allariz. Foto: Prensa concello

No mes de setembro incrementaron nun 17% a recuperación de envases de plástico, 117.220 quilos fronte aos 101.160 quilos do ano 2019; e no caso do vidro, a data 31 de agosto, o comportamento tamén é mellor con 141.720 quilos recuperados fronte aos 140.320 da mesma data en 2019.

Bernardo Varela, Concelleiro de Medio Ambiente, insiste en que estas cifras tamén nos deben facer reflexionar sobre o uso dos envases (plásticos, recipientes e latas) de cara a facer un esforzo na redución dos mesmos cando sexa posible.

Resultan tamén curiosos estes datos tendo en conta que durante o confinamento deuse unha redución de vidro no sector hostaleiro que supuxo 20.000 quilos menos nos meses de marzo, abril e maio. Todo indica que esta baixada viuse compensada co incremento acadado na recuperación de vidro nos meses de verán.  

O Concelleiro de Medio Ambiente comenta tamén que “o camiño iniciado coa compostaxe dos bioresiduos ten o seu fiel reflexo na recuperación dos envases e do vidro. Os pasos dados son firmes cara á sustentabilidade e a responsabilidade compartida da administración local e a cidadanía, máis sen dúbida queda moito treito por avanzar”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta