Só 48 concellos galegos non tiveron ningún caso nos últimos 28 días

Galicia manterá 14 días as restricións vixentes, pero serán revisadas e adcuadas en función da evolución epidemiolóxica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2020 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

Galicia manterá a vixencia das restricións que este xoves entraron en vigor para frear a pandemia da Covid-19, pero "serán obxecto de seguimento e avaliación continua" nun período non superior a sete días desde a publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG) co "fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria" de Galicia. E é que, polo momento, só 28 concellos están libres de coronavirus nos últimos 28 días, a maioria deles, de pouca poboación e de zonas illadas de Galicia.

Así o sinala unha orde publicada no DOG na noite deste mércores, recollida por Europa Press, con motivo da entrada en vigor ás 00,00 horas deste xoves de restricións como a limitación das reunións a cinco persoas en toda a Comunidade galega, que en zonas como Santiago están restrinxidas só a convivientes. A Consellería de Sanidade detalla que as medidas "poderán ser modificadas ou levantadas no transcurso do período de 14 días naturais".

Sanidade explica que se "adopta de modo temporal" a medida de limitar os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, a un máximo de cinco persoas, excepto no caso de convivintes, en que non se aplicará esta limitación.

Tampouco será aplicable no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, así como no caso da práctica do deporte federado, "sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento".

Así mesmo, corda o peche das actividades de festas, verbenas e outros eventos populares, así como das atraccións de feiras, durante o período a que se estenda a eficacia das medidas previstas.

Con todo, Sanidade permitirá as celebracións e eventos en establecementos de restauración para os días 22 a 25 de outubro que xa estivesen concertados con carácter previo ao día 21, aos que "non serán aplicables as medidas de prevención específicas previstas nesta orde".

Sanidade lembra que "o incumprimento da medida de prevención establecida poderá dar lugar á imposición das sancións e outras responsabilidades previstas no ordenamento xurídico".

MAIORES

Por outra banda, Sanidade recomenda ás persoas maiores de 75 anos, ás persoas vulnerables con Covid-19 e aos que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que poida verse agravada polo uso da máscara ou que presente algunha alteración que faga inviable a súa utilización que "eviten na súa actividade diaria as saídas nas horas de previsible afluencia ou concentración de persoas na vía pública", co fin de "reducir os riscos derivados da coincidencia con outras persoas".

A Consellería incide en que as taxas de Galicia comezaron a aumentar nos últimos días, ao pasar de 50 por 100.000 habitantes a principios de outubro a 80 nunha semana, o que "implica unha subida do 60% nese período de tempo". Por iso, lembra, que hai unha semana estableceuse a restrición respecto ao tamaño de grupos para calquera actividade familiar ou social de dez persoas.

Pero no informe desta semana, destaca que as taxas "en lugar de reducirse, seguen aumentando", de modo que a incidencia a tres días, que era do 27,75 por 100.000 habitantes, pasou a ser de 39,82; nos últimos sete días de 80,46 a 85,57 e en 14 días, de 113,43 a 164,73.

Así mesmo, Sanidade incide en que o número reprodutivo instantáneo --que indica o número de casos secundarios que ocorren por cada caso activo-- supera o un "en todas as áreas sanitarias", excepto na de Ourense, "que tien establecidas medidas moi restritivas", incluída unha redución da mobilidade perimetral nos concellos de Ourense e Barbadás.

"En Galicia temos varios brotes identificados e que están en vixilancia epidemiolóxica e baixo medidas restritivas, pero a situación actual caracterízase pola presenza de casos en todos os concellos, excepto 48 en toda Galicia que non tiveron casos nos últimos 28 días", explica Sanidade.

EMPEORAMENTO

Esta situación, para a Consellería, "aconsella a aplicación de medidas restritivas en toda a Comunidade Autónoma". O informe trasladado ao comité clínico do pasado martes indica "de forma clara que a tendencia crecente dos últimos días continúa e a situación vai empeorando de modo global".

"O factor máis alarmante é que, de forma progresiva, a enfermidade vai afectando os grupos de poboación de maior idade, con altas taxas de infección", destaca. Así, a incidencia acumulada a sete días en persoas de 80 e máis anos é de 60,45 por cen mil habitantes, e a 14 días de 172,05. E a porcentaxe de positividad das PCR realizadas "tamén é moi alta": de 6,3 no grupo de idade de 65 a 79 anos e de 6,8 en persoas de 80 e máis anos.

Para Sanidade estes danos "significan que está a haber repercusión no sistema asistencial, cun aumento da presión nas áreas hospitalarias". Por iso, aposta por "protexer os grupos máis vulnerables e a necesidade tamén de preservar e protexer o sistema asistencial".

Unha muller permanece sentada nunha terraza do barrio do Couto en Ourense.. Rosa Veiga - Europa Press
Unha muller permanece sentada nunha terraza do barrio do Couto en Ourense.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta