Hostaleiros e Concello de Verín acordan prorrogar o peche de bares e terrazas ata o 31 de outubro

Por E.P. | Verín | 23/10/2020 | Actualizada ás 16:18

Comparte esta noticia

O Concello e os hostaleiros de Verín alcanzaron un acordo para prorrogar o peche dos bares e as terrazas ata o próximo día 31 de outubro.

A ampliación temporal desta medida preventiva, que foi sometida a debate e aprobada "cun amplo consenso polos representantes da hostalaría", tómase á vista da evolución da pandemia en Verín, que a día de hoxe ten 80 casos activos.

Así mesmo, o Concello prolongará tamén, ata o mesmo día 31 de outubro, a vixencia da liña de axudas destinada a minimizar o impacto económico do peche acordado polo sector.

Praza da Alameda de Verín
Praza da Alameda de Verín | Fonte: Noelia Caseiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta