A Xunta convoca os Premios Artesanía de Galicia 2020 para recoñecer a traxectoria e o talento de artesáns galegos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2020 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

A Xunta publica este luns no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dos Premios Artesanía de Galicia 2020, co obxectivo de recoñecer, un ano máis, o talento e a traxectoria de artesáns galegos, así como de impulsar a substitución xeracional no sector.

Como en anos anteriores, dividiranse nas categorías Premio Artesanía de Galicia, Premio Traxectoria e Premio Bolsa Eloy Xesto, e o prazo de presentación de candidaturas estará aberto desde o 16 ata o 27 de novembro.

Estes galardóns teñen como obxectivo principal recoñecer e visibilizar o traballo do sector artesán galego, así como contribuír a divulgar os oficios artesanais, potenciar a creatividade dos profesionais, incentivar os novos talentos en Artesanía de Galicia, promover a substitución xeracional e apostar pola introdución da innovación e do deseño nos procesos de produción.

O Premio Artesanía de Galicia, dotado con 9.000 euros, está dirixido a talleres artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Premiarase a obra que represente as liñas desexadas para unha artesanía competitiva no mercado actual como son o deseño, a adaptación ou a conservación das técnicas e valores tradicionais máis característicos de Galicia, a incorporación ás tendencias actuais, a innovación e a boa calidade da obra. Poderanse presentar a esta categoría todos os talleres artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

O Premio Traxectoria ten carácter honorífico e trátase dun premio outorgado polo propio sector. O obxectivo é recoñecer a traxectoria profesional consolidada dun profesional da artesanía galega, a súa contribución á posta en valor e á promoción desta actividade, e a calidade do seu traballo; así como o seu compromiso coa divulgación e coa transmisión pedagóxica dos principais valores positivos no campo da artesanía galega.

Imaxe de Alma da Artesanía
Imaxe de Alma da Artesanía

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta