82 segundos, indiferencia desde a dignidade

A retórica parlamentar é as veces un lastre para que o común dos mortais se interese pola actividade dos distintos parlamentos ou e mesmo dos plenos dos órganos lexislativos e de xestión.

Por Juan Carlos Piñeiro | Burela | 27/10/2020

Comparte esta noticia
Ás veces os debates e exposicións so tan ríxidos e cargados de normativa que incluso nos plenos dos concellos causan aburrimento e desafección. Nesta regulación, as mocións de censura están deseñadas para  garantir o debate e a contraposición de ideas, esta regulación tratase pois  dun procedemento extraordinario da nosa política, hoxe convertido por Podemos e VOX nunha ferramenta de imaxe corporativa para os partidos, ambos con sendas mocións que tiñan o fin de buscar a picota.
 
Hai uns días asistimos en San Xerónimo, en plena segunda onda de contaxios da COVID, a un debate regulado nos artigos 175 a 179 da Constitución Española, esa que case parece xa un dogma de fe para algúns, mais neste caso utilizada nunha “patochada” de acción política. Esta manobra de VOX, non ben máis, que a deturpar o regulado na Carta Magna. En ningún momento este partido pretende unha moción  construtiva, simplemente usa a Constitución en beneficio propio, por uns minutos de gloria e televisión, nunha acción desesperada na loita dos marcos pola dereita. Xa fixo o mesmo Podemos tamén con ese fin, nesa irremediable realidade de que se retroalimentan no uso do mesmo manual político.  
 
Sorprendeu pois a resposta por parte da mairoia dos partidos ao engado politico dos ultra españolistas de VOX. Debatendo con eles posturas ilóxicas e sorprendentes nunha democracia moderna de estándares europeos. Repasando o discurso de reproches e citas incribles dáste conta do pouco nivel político actual en España.  
 
A opción máis lóxica, máis política e máis efectiva sería pasar do xogo político por eles proposto, non entrar a debater cun candidato que estaba ben lonxe dos votos precisos. Neste senso dicir: GRAZAS Aitor Esteban. O PNV foi o único á altura da política europea, coma sempre. 82 segundos precisou o Portavoz Nacionalista Vasco para despachar a o Sr. Abascal. Compartín varias veces mesa e mantel con Aitor, tempo de debate e fun anfitrión nas súas visitas políticas a Galicia. Sempre aprendín moito, sen trapalladas nin adornos, con realidade e pragmatismo esa é  a súa impronta, a do que hoxe todos consideran o mellor Deputado do Estado. Aitor, como home versado na cultura dos nativos de Norte América, sabe que neste caso non vale nin  hacha de guerra nin a pipa da paz, simplemente indeferencia, unha indeferencia dende a dignidade dun partido centenario e moderno á vez como é o PNV , como décimos en Galicia non existe maior deprecio que non dar aprecio. Outros mentres seguiron o xogo.

O presidente de Vox, Santiago Abascal, durante un acto electoral
O presidente de Vox, Santiago Abascal, durante un acto electoral | Fonte: EP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA