Galicia non para de superar récords negativos: doce falecidos, a cifra máis alta na segunda onda

Os mortos pola pandemia en Galicia son xa 880. A Xunta, a diferencia doutros días, di que informará sobre a procedencia destes falecidos ao longo do martes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2020 | Actualizada ás 21:32

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias notificaron este luns a morte de 12 persoas con coronavirus en Galicia, o que supón a maior cifra de falecementos comunicados nesta segunda onda da pandemia. A cifra de falecidos na Comunidade con covid-19 ascende xa a 880 persoas.

Fontes da Consellería de Sanidade comunicaron a última hora deste luns do falecemento de 12 persoas diagnosticadas con covid-19, e na próxima xornada ratificarán as áreas sanitarias das que proceden. En todo caso, este número de vítimas mortais é o máis alto comunicado nunha mesma xornada desde o pasado 26 de abril, cando Sanidade informou de 15 falecidos.

A primeira morte computada na Comunidade na denominada 'nova normalidade' foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, Galicia encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.

Evolución dos falecidos con covid-19 na Comunidade galega.. EPDATA
Evolución dos falecidos con covid-19 na Comunidade galega.. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta