Galicia enfronta unha xornada de choiva e vento pola borrasca Épsilon

Agárdanse ondas de ata 5 metros que poñen o litoral en alerta vermella e amarela.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2020 | Actualizada ás 10:18

Comparte esta noticia

O litoral galego estará en aviso amarelo este martes e en vermello o mércores, segundo o boletín de tempo meteorolóxico publicado por Meteogalicia.

Así, o martes haberá un aviso amarelo en todo o litoral galego desde medianoite e ata as 9,00 horas, de forma que se esperan ondas de entre catro e cinco metros.

Xa o mércores, 28 de outubro, haberá aviso de nivel vermello na Costa da Morte e o noroeste da provincia da Coruña --desde mediodía ata medianoite- por ondas superiores ao oito metros. No resto da costa galega haberá aviso laranxa por ondas de cinco a oito metros.

Segundo explica Meteogalicia, o furacán 'Epsilon' xa fixo a transición a borrasca e durante o luns sufriu "unha rápida profundización". Non se achegará moito a Galicia, pero o martes deixará choiva e ventos, mentres o mércores as ondas asociadas á borrasca alcanzarán ese oito metros.

Unha muller con paraugas e máscara, durante a alerta amarela por choiva. María José López - Europa Press
Unha muller con paraugas e máscara, durante a alerta amarela por choiva. María José López - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta