Por Galicia Confidencial | Vigo | 27/10/2020 | Actualizada ás 22:15
Os actores Xerardo Couto, Tacho González e Antón Rubal porán voz a Astérix, Obélix e Aseguracenturix, algúns dos principais habitantes da aldea gala máis famosa do mundo. Será nunha nova versión da editorial Xerais en formato libro-disco de 'O Menhir de Ouro', publicado en 1967.
"E case imposible de atopar dende aquela, permanecía inxustamente ignorado", apuntan desde Xerais. "Agora grazas a unha posta ao día e unha calibración das cores fiel ao acabado orixinal, deuselle a O Menhir de Ouro un baño remocicador capaz de atraer tanto a fans de sempre como a novas xeracións", indican.
Esta obra conta ademais cunha gravación de audio de gran calidade para con voces destacas, música orixinal e efectos sonoros feitos á medida. Así, entre o elenco de autores, ademais de Xerardo Couto, Tacho González e Antón Rubal, están Montse Davila que exerce de presentadora e Gonzalo Faílde, dando voz a personaxes secundarias.
O Menhir de Ouro está dispoñible en papel nas principais librarías galegas. O libro inclúe un código QR que leva á páxina na que se pode mercar o audiolibro por 0.99 € en ebook e ePub.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.