Por X.M. Fernández | Verín | 28/10/2020 | Actualizada ás 19:45
Con motivo do Día dos Defuntos e a festividade de Todos os Santos, o Concello de Verin establece que o horario de apertura e peche do cemiterio municipal os días 30 e 31 de outubro, e 1 e 2 de novembro, será de 9.00 a 21.00 horas. O obxectivo da ampliación horaria non é outro que facilitar as visitas a todos os cidadáns e cidadás que queiran achegarse ao camposanto.
Respecto ás medidas organizativas haberá cartelería situada en puntos estratéxicos coa información pertinente sobre as normas sanitarias e os voluntarios de Protección Civil de Verín proporcionarán xel hidroalcohólico á entrada do cemiterio ao tempo que controlarán o aforo vixiando que non haxa grupos de visitas -familiares ou convivintes- superiores a 4 persoas. Ademais, a duración das visitas non poderá superar os 30 minutos.
O concello lembra que non se deben relaxar as medidas de protección persoal: distancia de seguridade, uso de máscara, correcta hixiene de mans e coidado de desbotar panos en papeleiras tras o seu uso. E aconsella tamén espaciar as visitas durante estes días e os días previos, así como evitar as horas de maior afluencia para evitar posibles aglomeracións tanto nos accesos como dentro do propio cemiterio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.