O CGPJ elixe a Antonio Piña á fronte da Audiencia de Ourense con 19 de 21 votos

Competía coa maxistrada Ana María del Carmen Blanco.

Por E.P. | OURENSE | 29/10/2020 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

O Pleno do Consejo General del Poder Judicial (CGPJ) elixiu con 19 de 21 votos este xoves ao maxistrado Antonio Piña Alonso presidente da Audiencia Provincial de Ourense, cargo que xa desempeñaba desde decembro de 2014, cando foi designado para un primeiro mandato.

Segundo informou o CGPJ, Piña, que competía polo posto coa presidenta da Sección Segunda da Audiencia de Ourense, Ana María del Carmen Blanco Arece, obtivo 19 dos 21 votos do Pleno. Os vogais Álvaro Cuesta e Concepción Sáez votaron en branco.

O reelixido presidente da Audiencia ourensá ingresou na Carreira Xudicial ingresou na Carreira Xudicial en 1999 e tivo o seu primeiro destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Carballiño, para servir logo no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lugo e no Xulgado de Instrución número 2 de Ourense.

A fiscal xeral do Estado, Dolores Delgado (i), e o presidente da Audiencia Provincial de Ourense, Antonio Piña (2i), entre outros
A fiscal xeral do Estado, Dolores Delgado (i), e o presidente da Audiencia Provincial de Ourense, Antonio Piña (2i), entre outros | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta