O Ministerio de Transportes formaliza o contrato de obras para a nova ligazón da estrada AC-12 en Oleiros

Este tramo da AC-12 constitúe un dos principais accesos da cidade da Coruña "e ten unha intensidade de tráfico elevada o que resulta especialmente relevante tanto nas horas punta como en período estival".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 29/10/2020 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) haformalizado o contrato de obras da nova ligazón no km 5,2 da AC-12, que substituirá á actual intersección do 'Solymar', no termo municipal de Oleiros.

"Dando un paso máis cara ao inicio destas obras", explica. O investimento previsto nas obras que se acometerán ascende a 9,8 millóns de euros.

Este tramo da AC-12 constitúe un dos principais accesos da cidade da Coruña "e ten unha intensidade de tráfico elevada (50.000 vehículos/día aproximadamente), o que resulta especialmente relevante tanto nas horas punta como en período estival".

"A actuación proxectada mellorará notablemente a funcionalidade da estrada AC-12 e o nivel de servizo dos tráficos de acceso á cidade da Coruña e a súa área metropolitana de curto, medio e longo percorrido", engade.

O ministro Ábalos durante a reunión mantida coa FEMP. DANIEL RAMO
O ministro Ábalos durante a reunión mantida coa FEMP. DANIEL RAMO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta