Falece o ex alcalde de Moaña entre 2003 e 2011, Xosé Manuel Millán

Faleceu aos 56 anos.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 30/10/2020 | Actualizada ás 00:18

Comparte esta noticia

O que foi alcalde de Moaña entre 2003 e 2011, o nacionalista Xosé Manuel Millán, faleceu este xoves, tras "toda unha vida comprometida co nacionalismo galego".

Así o describe o BNG na súa conta de Twitter, na que informa o falecemento do que foi alcalde esta localidade pontevedresa. "Sempre na nosa memoria", reza a mensaxe en redes sociais.

Ademais, o exalcalde e profesor de instituto, que faleceu aos 56 anos e é pai de dúas fillas, foi membro da corporación municipal entre 1999 e 2015.

Xosé Manuel Millán, ex alcalde de Moaña
Xosé Manuel Millán, ex alcalde de Moaña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta