O PPdeG critica uns PGE "irreais e irresponsables" que supoñen "o enésimo desprezo" de Sánchez a Galicia

Di que son contas asentadas en proxeccións económicas "imposibles".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2020 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

O Partido Popular de Galicia cargou contra o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado (PGE) presentados polo Goberno central e que son, en palabras do secretario xeral da formación, Miguel Tellado, son "irreais e irresponsables" e constitúen "o enésimo desprezo" do presidente, Pedro Sánchez, a Galicia.

Tellado ofreceu este venres unha rolda de prensa na sede dos populares galegos en Santiago na que estivo acompañado pola deputada no Congreso Marta González, que afeou unhas contas que cre asentadas en proxeccións económicas "imposibles" e que apostan "por máis gasto" nunha situación "dramática" na que "se derruba o tecido económico".

Para a deputada, o proxecto, que "non servirá para crear emprego" supón "máis débeda" e "máis impostos" para os cidadáns, que, segundo González, deberán facer fronte a incrementos en taxas ás bebidas azucaradas, as primas de seguro ou os plásticos, ademais da aínda non confirmada subida do prezo do diésel.

Outro dos aspectos contra os que carga o PP é que o Goberno decida intervir o mercado de aluguer, medida na que ven "unha imposición dos socios comunistas de Podemos", recalcou Marta González. "Estes orzamentos non achegan a parte substancial que deben achegar para a creación de emprego", engadiu a parlamanetaria, que censura que o Goberno "opte pola solución contraria" á que, di, pon en práctica Alemaña e Francia en materia retributiva.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa. PARTIDO POPULAR DE GALICIA
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa. PARTIDO POPULAR DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta