A pandemia deixa desprotexidas as vítimas de violencia machista: "Son presas dos seus maltratadores"

"Vendéusenos fume no primeiro confinamento e non se fixo nada para resolver esta situación en previsión do que puidese pasar", lamentan desde a asociación Si Hai Saída.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2020 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

A presidenta da asociación Si Hai Saída, Marta Rodríguez Engroba, alertou este venres sobre a "desprotección" que sofren as vítimas da violencia machista debido á pandemia do coronavirus.

Neste contexto, un eventual segundo confinamento domiciliario sería, segundo as súas palabras, unha "noticia tremenda" porque estas mulleres están "totalmente desprotejidas" e son "presas dos seus maltratadores".

"Non é que non poidan pedir axuda en moitos casos, senón que por exemplo os que estamos en contacto con elas habitualmente non podemos chamalas, nin mandarlles un 'WhatsApp', porque se o maltratador ve esas mensaxes pode ser a súa sentenza", avisou.

Rodríguez Enrgoba incidiu no total "desamparo" destas mulleres, pondo o acento en que "non se incrementou para nada a súa protección, nin o seguimento" por parte das forzas e corpos de seguridade do Estado.

"Vendéusenos fume no primeiro confinamento e non se fixo nada para resolver esta situación en previsión do que puidese pasar", lamentou Rodríguez Engroba.

A activista lucense contra a violencia de xénero censurou que "se a situación das vítimas xa era tremenda, seguen sendo as grandes esquecidas e relegadas desde o momento en que a pandemia fixo acto de presenza e agora son practicamente invisibles".

"Hai mulleres e menores que son os grandes esquecidos, que corren un perigo certo. Non teñen onde acudir e non hai reforzos (policiais), dígannos o que nos digan", criticou finalmente a presidenta de Si Hai Saída.

Teléfono de asistencia 016 para atender situacións de violencia de xénero
Teléfono de asistencia 016 para atender situacións de violencia de xénero

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta