O BNG pide a nulidade do pleno da moción de censura que deu a alcaldía a un "tránsfuga" en Viana do Bolo

Apela á sentenza do TS que declara que os edís tránsfugas non poden asumir novos cargos.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 30/10/2020 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

O BNG presentou no Concello de Viana do Bolo un recurso extraordinario de revisión contra a convocatoria do pleno de moción de censura celebrado o pasado 1 de setiembre e que elevou á alcaldía ao edil non adscrito Abelardo Carballo --que meses antes abandonou o PSdeG--.

Rolda de prensa do BNG con Noa Presas e o alcalde de Viana do Bolo, Secundino Fernández
Rolda de prensa do BNG con Noa Presas e o alcalde de Viana do Bolo, Secundino Fernández | Fonte: BNG.

Os nacionalistas lembran que, naquel pleno, os votos do PP de Andrés Montesinos e de "dous tránsfugas do PSOE", apartaron "antimocráticamente" da alcaldía a Secundino Fernández Fernández.

Respecto diso, apelan á recente sentenza do Tribunal Supremo que indica que o pase a edil non adscrito "impide que se asuman cargos ou perciban retribucións que antes non exercían ou percibían e que impliquen melloras persoais, políticas ou económicas".

O BNG sinala que, con base nesta sentenza, que crea xurisprudencia, Abelardo Carballo "nunca podería ser candidato á Alcaldía de Viana" na moción de censura que se votou o pasado día 1 de setiembre.

En consecuencia, o Bloque presentou no rexistro municipal un recurso extraordinario de revisión ao considerar que con este fallo do Tribunal Supremo queda probado que se cometeu unha "ilegalidade" ao convocar un pleno para debater unha moción de censura que non cumpría cos requisitos legais para poder presentarse. Ademais, considera que o acordo tamén é "manifestamente ilegal" tendo en conta que se investiu a "un concelleiro tránsfuga como novo alcalde".

"Só esperamos que este recurso se resolva o máis rápido posible e repoña a normalidade democrática no Concello de Viana do Bolo, devolvendo á alcaldía a Secundino Fernández, quen ocupou lexitimamente este posto nos últimos anos", sinala.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta